Arquivo de 'TEBEOS'

NOVIDADES EN TEBEO: RAIL KING

13 Decembro 2007

railking1.jpgO protagonista da obra, Christopher Duncan, é un home rico que vén dunha familia adiñeirada. Da noite para a mañá, a morte do seu pai convérteo en herdeiro dun imperio industrial que terá que dirixir. Pero este home non foi nunca o que se esperaba del. Nunca foi un empresario nin un coco das finanzas.

Trala súa timidez escóndese unha persoa humanista preocupada máis polos seres humanos que polas ganancias na Bolsa ou polos recortes na empresa para gañar máis diñeiro.

En canto á parte gráfica, o emprego dos lapis e as acuarelas por parte do autor dá como resultado unha obra que desprende certo grao de melancolía.
Unha obra moi recomendable para as persoas amantes dos tebeos e, eu aproveito para recomendarllo tamén ao alumnado de economía.

Titulo: Rail King
Autor: Feliciano G. Zecchin
Editorial: Edicions de Ponent
Año/Páginas: 2007 / 64