Arquivo de 'Sen clasificar'

O violín de Auschwitz

28 Maio 2008

Esta novela de Mª Ángeles Manglada, conta a historia dun xove de orixe xudeu chamado Daniel, interno en Auschwitz, nun campo de exterminio. Alí a calidade de vida é pésima e a miúdo morren compañeiros seus que están presos, o que inflúe moito no rapaz. O comandante deste lugar é afeccionado á música clásica e descobre o verdadeiro oficio do mozo, decidindo entón poñelo a proba ordeándolle  que constrúa un violín de características perfecas, nun proceso detallista e nas condicións ínfimas coas que conta. Esto demostra o valor do personaxe. É unha historia verdadeiramente incrible e enternecedora (na miña opinión) creada con moito coidado á hora de atraer @ lect@r. A autora utiliza escritos reais que nos internan de verdade no plano da obra xa que nos dan mostras da dureza do xenocidio nazi. A música está presente en toda a obra como contrapunto, e proporciona un ambiente de harmonía, en contraste coa deshumanización e a miseria que se vive no lugar
 . E xa para finalizar engadir que recomendo esta novela (que podedes atopar na biblioteca deste centro) a todos os que disfrutades lendo e tamén ós que non o fan, xa que cunha historia coma esta podedes divertirvos. Clasifícoa cun 8 por ser apaixoante e conseguir que pensara estar dentro do papel do mesmo Dani.

28/05/08   Lucía G.

Naama Barkai gaña o novo premio Women in Science

7 Maio 2008

A bióloga de sistemas israelí Naama Barkai foi a primeira muller nomeada gañadora do premio Women in Science da FEBS/EMBO. O galardón recoñece os logros excepcionais do último lustro dunha investigadora das ciencias da vida, cuxo traballo inspirará ás xeracións futuras de mulleres científicas. O premio foi concedido pola Federación Europea de Sociedades Bioquímicas e a Organización Europea de Biología Molecular.

Rita Levi-Montalcini

9 Marzo 2008

Rita Levi-Montalcini unha muller a quen a opresión de todo tipo acompañou ao longo da maior parte da súa vida. Non só pola súa decisión de ser científica, algo inconcebible na sociedade italiana de principios do século XX, senón tamén pola súa pertenza a unha familia liberal e xudea que fixeron da súa vida en aqueles anos un inferno continuo.

SlideShare | View | Upload your own

Rita Levi-Montalcini, un admirable exemplo de solidariedade e de loita pola igualdade

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

8 M: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

8 Marzo 2008

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega do Século XXI
(Clica na imaxe para ver o álbum)

A Muller Galega de principios do Século XX


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

A presenza da muller na literatura española até o XIX

7 Marzo 2008

Afírmase que o feminismo xurdiu cando unha muller aprendeu a ler, pero isto é certo se engadimos que foi cando tamén aprendeu a escribir. A maior parte das mulleres foron reducidas a unha especie de semianalfabetismo durante moito máis tempo cós homes. E necesitaron moito máis tempo aínda para acceder á liberdade intelectual de escoller os seus temas de lectura. Pero a loita máis longa tivérona que protagonizar para conseguir seren recoñecidas pola súa produción escrita. Moitas veces practicada en segredo, agochada baixo nomes masculinos, imos ver como moitas delas tiñan acceso á escrita grazas aos muros dos conventos, situación que cambiará a partires do século XIX. Pondo o hábito, as mulleres gañaban un pouco en mobilidade social, pagando un alto prezo: renunciar á súa feminidade e á súa sexualidade.

Pinchade no seguinte enlace e teredes 50 diapositivas explicativas sobre o tema:

http://s3.amazonaws.com/ppt-download/muller-na-lite1-1204724743476225-4.pps?Signature=KqCDBqlDXJSZy%2B%2Bytb6QRa%2FGNuI%3D&Expires=1204912131&AWSAccessKeyId=1Z5T9H8PQ39V6F79V8G2

IMOS CONTAR MENTIRAS!!!

Imos contar mentiras…
Ou non.

Soñamos con que algún día nada disto sexa unha triste realidade. Con que homes e mulleres sexan exactamente iguais e gocen exactamente dos mesmos dereitos. Con que non haxa nin unha soa muller que sexa violada polo simple feito de selo. Con que non existan os burkas, nin os medos. Con que o traballo doméstico sexa realizado por dúas persoas e non por unha. Con que os salarios sexan exactamente os mesmos. Con que as oportunidades sexan as mesmas. Con que non haxa unha soa muller que teña medo a ser nai por non quedar sen traballo. Con que non existan diferenzas.

Cando teñamos unha sociedade, un planeta inequívocamente solidario, no futuro pensarán que nada disto é real.

Home e muller, ombreiro con ombreiro, sorriso con sorriso, loitando porque a atmósfera sexa máis respirábel.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

Textos e debuxos do 1º vídeo

10 Mulleres de Cine no Século XX

4 Marzo 2008

O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar mán do cine.

Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.
Votaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.
Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.
E seguindo co inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.
Pasada a xuventude: toca a vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron e preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.
Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.
En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.
Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.

Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.
E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a una profunda e última reflexión.
Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

MARUJA MALLO: A Gran Transgresora do 27

Poucos saben que a soberbia triloxía formada por Lorca, Buñuel e Dalí, de sobra coñecida por todos, foi en realidade un cuarteto. Quen era esa cuarta figura, estrañamente silenciada pola historia? Por que foi relegado ao esquecemento o seu nome? Maruja Mallo foi, sen lugar a dúbidas, unha pintora xenial, á que unha suma de adversidades históricas e prexuízos sociais negaron de xeito insólito o recoñecemento que merece.

A súa peripecia vital é a de quen irrompeu na escena artística madrileña dos anos vinte decidida a romper os estereotipos e os moldes que encorsetaban tanto a arte coma as mulleres, condenadas a desempeñar o papel exclusivo de fieis esposas e lánguidas amas de casa. Os seus extravagantes atuendos, o seu desenfado, as súas correrías noturnas da man de Dalí e dos seus compañeiros da Residencia de Estudantes por un Madrid sacudido polo impacto do cine, do jazz e das ideas máis radicais, así coma o seu xogo deliberado coa ambigüidade sexual, converteron a esta moza galega, miúda e fráxil, nun emblema temperán da liberación feminina. Pero pagou a súa ousadía. En 1937 viuse obrigada a exiliarse a Arxentina, de onde voltou vinte anos despois, só para comprobar que os escándalos asociados ao seu nome remataran desdebuxando a súa verdadeira fisonomía e por eclipsar a portentosa valía da súa obra.

Nada en Viveiro no ano 1902, a profesión do seu pai -funcionario de aduanas- levouna a residir en distintas provincias españolas até a definitiva instalación da familia en Madrid en 1922. Ingresa na Academia de Belas Artes e empeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española. Coñece a Salvador Dalí e á poetisa Concha Méndez, que a introducen no círculo da Residencia de Estudantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e con Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante e longo tempo silenciada tanto na súa biografía como na do poeta. Concha Méndez e Maruja pasearon por Madrid como mulleres modernas e emancipadas, manexando bicicletas, facendo deporte, asistindo aos cafés, a eventos literarios ou a verbenas populares. Nestes anos, Maruja crea a súa propia linguaxe artística, atenta aos ecos das distintas vangardas que empezan a chegar a España -futurismo, surrealismo, cine- e cos ollos abertos á arte popular. Mestura todo coa súa particular interpretación.

En 1928 Ortega y Gasset bríndalle os salóns da Revista de Occidente para realizar a súa primeira exposición. O debut estivo arroupado por comentarios e recensións de prensa, referendado por intelectuais e pola alta sociedade madrileña fascinada por aquelas combinacións de elementos festivos e burlescos, pola alegría da cor, as distorsionadas composicións das súas verbenas e polas atléticas mulleres que protagonizan as súas estampas deportivas.

A finais de 1928 pasa por unha inflexión e un acercamento particular cara ao surrealismo froito dos seus avatares persoais e da relación que establece con Alberto Sánchez e Benjamín Palencia. Baixo o nome da Escuela de Vallecas percorrerán as paisaxes desapracibles e duras que rodean Madrid, as zonas finais do urbano e o inicio do contorno rural. Até 1931 explora este tipo de paisaxes que darán lugar á serie “Cloacas e campanarios”.

No 1931 viaxa a París onde expón a súa obra. Numerosos intelectuais e artistas como Picasso e André Bretón visitan e acollen con entusiasmo a mostra. O seu regreso a Madrid, a finais de 1932, supón un novo xiro no seu estilo. As súas novas series “Arquitecturas minerais”, inspiradas en pedra, e “Arquitecturas vexetais”, poboadas por estrañas froitas, son teas que aínda que manteñen a sobriedade cromática someten agora as súas formas a esquemas xeométricos. Durante esta época combina o seu traballo artístico cunha intensa actividade de compromiso coa República.

Previo ao estalido da Guerra Civil, no 1936, realiza una obra clave para o período artístico que desenvolverá ao outro lado do Atlántico: “La sorpresa del trigo”. Este cadro mural, primeiro da serie “La religión del trabajo”, presidirá a súa derradeira exposición en España, promovida polo grupo ADLAN. A Guerra Civil sorpréndea en Galicia, onde permanece até 1937, marchando a Bos Aires onde é recibida como unha artista de renome. Dará numerosas entrevistas e conferencias, escribe artigos e realiza a súa obra pictórica “Arquitectura humana”. Seguirá traballando en lenzos que compoñen un amplo ciclo dedicado a dous temas principais: o mar e a terra. Realiza varias series: “Retratos bidimensionais” sobre rostros femininos de fronte e perfil, imaxes planas e prototípicas; “Bailarinas”; “Máscaras”; esquemáticos debuxos reunidos en “Arquitecturas” e, finalmente, “Naturezas vivas”, variacións sobre estraños seres zoomórficos inspirados na xeoloxía e na fauna sudamericana. Estas últimas son unha serie de gravados, debuxo e óleo que se alongan até o ano 1960, cando decide voltar a España.

A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, especialmente a crítica española máis nova, que ve nela a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo. Tras a morte de Franco chégalle o recoñecemento total; a súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, no ano 1982, e na exposición antolóxica que en 1993 lle dedica o Centro Galego de Arte Contemporánea. Para entón Maruja está xa moi enferma. Morre o 6 de febreiro de 1995 na residencia de anciáns Menéndez Pidal de Madrid.

Para saber máis:
Biografía en Cutlura galega feita pola catedrática de historia da arte contemporánea Mª Luisa Sobrino
Biografía en Wikipedia
En Ciudad de Mujeres
Entrevisa a J.L. Ferris autor da última monografía editada sobre M. Mallo

Bibliografía
GÓMEZ DE LA SERNA, R., Maruja Mallo, Buenos Aires, Losada, 1942.
MARUJA Mallo, Madrid, Galeria Guillermo de Osma, 1992
VIDAL, C., Maruxa Mallo. Vigo, A nosa terra, 1999
MARUJA Mallo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 2003.
FERRIS, J.L., Maruja Mallo. La gran transgresora del 27, Madrid,Temas de hoy, 2004, (Biografías).

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

NIRVANA NA FONOTECA DO CENTRO

28 Febreiro 2008

Nirvana é o prototipo de grupo grundge. Rockero e tolos de natureza, a súa música sempre está cargada de enerxía e pasión. Os seus tres compoñentes fixeron algo grande pola musica dos noventa.
Durante os anos que este grupo estivo vixente houbo movementos de xente que os idolatrou hasta o máximo, incluso agora, despóis da morte do famoso vocalista, Kurt Cobain, en 1994, o grupo esta máis valorado en certa forma.
Para a xente que disfruta co rock, punk, etc. isto supon mais do que es. Por iso, invítovos a coñecelos, xa que vos pode facer disfrutar, e subi-la adrenalina.
Este disco, Nevermind, considérase o mellor da súa carreira. Contén os exitos de nirvana que máis triunfaron.
Xa comeza directamente ca canción que os fixo realmente coñecidos: Smells like teen spirit,  a cal seguramente todos escoitastes. Este comezo impulsa a escoitalo enteiro.
Un tema que me gusta bastante, é por exemplo, Lithium…é tranquilo e excitante á vez.
As melodías paracen sinxelas, pero dentro delas escóndese unha certa complexidade, descuberta por cada músico que pretende versionalas. A voz de Kurt, sempre xove e cun certo rasgado, enamora a quen lle preste a mínima atención.
Ten un ritmo bastante marcado, co cal séntense ganas de mover a cabeza, coma si se estivese nun concerto.
De todas formas é convinte dicir, que para a gran maioría, o disco se fai un pouco monótono e repetitivo. Aínda que todo depende de gustos, é certo que poucos podémolo escoitar de cabo a rabo sen que raie.

COMPOÑENTES:

Kurt Cobain - voz, guitarra solista
Krist Novoselic - Baixo
Os baterias foron varios distintos, pero o que estivo nos ultimo catro anos foi Dave Grohl - batería (1990-1994)

PREMIOS:

1992: MTV Video Music Awards  Mejor Video Alternativo por “Smells Like Teen Spirit”
1992   Video Music Awards                     Mejor Artista Nuevo  
1993  MTV Video Music Awards  Mejor Video Alternativo por “In Bloom”
1993  Brit Awards                                 Acto Internacional Revelación
1994  MTV Video Music Awards  Mejor Video Alternativo por “Heart-Shaped Box”
1994  MTV Video Music Awards  Mejor Dirección de Arte por “Heart-Shaped Box” (en conjunto con Bernadette Disanto)
1995  American Music Awards  Artista de Heavy Metal/Hard Rock Favorito
1996  Premios Grammy                     Mejor Álbum de Música Alternativa por MTV Unplugged in New York
2000  Libro Guiness de los Récords  Video más Rotado en MTV Europa por “Smells Like Teen Spirit”
2000  Libro Guiness de los Récords  Álbumes póstumos más exitosos por MTV Unplugged in New York y From the Muddy Banks of the Wishkah

Din que hai que abrirse a novos mundos, coñecer todo o que nos rodea, por iso mismo convídovos a coller o cd na fonoteca do noso instituto, na que tamén encontraredes máis éxitos de nirvana e outros grupos similares.

Ata a próxima.

Clarisa Pérez.

DÍA 30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

28 Xaneiro 2008

Violencia é que ainda no século 21 ,os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse.

Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez , escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso.

Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa , da esmola da xente, e como ata algunha xente lles chega a parecer normal esta situación tan inxusta .

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda……¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .

Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui 1915-1985)

POLA PAZ

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.

CONVERSAS NA BIBLIOTECA CON CHARO PITA

O pasado martes día 22 tivemos na biblioteca a segunda sesión de “Conversas na Biblioteca”. Desta volta estivo connosco a narradora e escritora Charo Pita.

Foi un sesión que se lle fixo moi curta para todo o alumnado de bacharelato que asisteu. Charo deleitounos con lecturas dramatizadas de trociños dos tres libros que lle encargamos presentar: “Sueños en el umbral” de Fátima Mernissi, “Persépolis” de     Marjane Satrapi e “Balzac y la joven custurera china” de  Sijie Dai.

Eses tres fantásticos libros teñen en común que quen narra son nenas e adolescentes de diferentes países, tema escollido este ano para a VI Semana Intercultural do noso Instituto.

Noutra ocasión falaremos en concreto de cada un deses libros e que animamos a que os leades porque non defraudan a ninguén.

POEMAS POLA PAZ

22 Xaneiro 2008

Poemas pola PAZ

Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

A poesía é unha arma cargada de futuro
Gabriel Celaya

Segundo traballo colaborativo dos Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

Cal é a infancia de moitos nen@s no mundo?

21 Xaneiro 2008

Moitos nen@s de todo o mundo sofren a diario diferentes tipos de explotación que vulneran os seus dereitos, mentras tanto nós adicámonos a mirar cara outro lado sen parar a pensar que a nosa axuda poderíalles ser moi útil.

Nos paises desenvolvidos  todos temos dereito á educación namentres que nos paises subdesenvolvidos nen sequera teñen acceso á escola digna. Por iso nos paises máis ricos deberían subvencionar a educación dos países menos desenvolvidos, controlar a ablación de clítoris que se segue a facer en moitos lugares de maneira clandestina e mellorar as axudas para familias con menor nivel económico para que os seus fillos non se vexan obrigados a ter que traballar.

Semana Intercultural do IES de Sar

infantil00.jpg 

No sur de Asia traballan máis de 100 millóns de  

nenos e nenas, dos que un 20% fan xornadas de 13  

horas diarias por un soldo de entre 15 e 20 € o mes.

Vanessa, Manuel, Tamara

1ºBach D   -  Economía -

CONVERSAS NA BIBLIOTECA: “O NENO DO PIXAMA A RAIAS”

3 Xaneiro 2008

O pasado día 19 do mes de decembro tivemos connosco a Antom Freire para falar sobre o libro de John Boyne “O neno do pixama a raias”. A actividade, planificada pola profesora de Historia Carme Alvariño en colaboración coa BE, estivo dirixida esta vez a todo o alumnado de 4º da ESO.Foi unha auténtica ledicia escoitar “conversar” a Antom Freire coas alumnas e alumnos sobre ese magnífico libro, sobre o contexto histórico no que se desenvolve a súa trama e as causas do nazismo, etc.Tamén se falou doutros libros que tratan o mesmo tema, como o Diario de Ana Frank, a novela gráfica “Maus”,… E, por suposto tamén se falou de películas tales como “El pianista”, “El gran dictador”, “La decisión de Sophie”…

Graciñas Antom por tentar contaxiar ao noso alumnado do pracer da lectura e contribuír ao aprecio, e á valoración, polo coñecemento histórico e social. Esperamos verte de novo na biblioteca do Instituto.

NOVIDADES EN CÓMIC: KIKI DE MONTPARNASSE

13 Decembro 2007

kiki1.jpg

Kiki de Montparnasse de  Catel Muller (debuxo) e José- Louis Bocquet (guión)Ediciones SinsEntido.Novela gráfica na que se narra a vida e obra da muller que foi, durante vinte anos,  a  musa dos artistas parisinos. Un libro sorprendente, polo  seu acercamento a este personaxe e a outros como Picasso, Tzara, Man Ray…

Unha obra que recomendo especialmente ao alumnado do Bacharelato de Artes. 

10 DE DECEMBRO - DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

10 Decembro 2007

Os Dereitos Humanos son o conxunto de prerrogativas inherentes á natureza da persoa, cuxa realización efectiva resulta indispensábel para o desenvolvemento integral do individuo que vive nunha sociedade xuridicamente organizada. Estes dereitos, establecidos na Constitución e nas leis, deben ser recoñecidos e garantidos polo Estado. Poderiamos dicir mesmo que son aquelas esixencias que agroman da propia condición natural do home.Cando falamos da palabra “dereito” facemos fincapé nun poder ou facultade de actuar, un permiso para obrar nun determinado sentido ou para esixir unha conducta doutro suxeito. E son chamados “humanos” porque son do home, de cada un de nós. O home é o destinatario destes dereitos. E así, reclaman recoñecemento, respecto e promoción por parte de tod@s e especialmente da autoridade. Por iso, estes dereitos son inherentes e inalienables. Os dereitos humanos son universais porque pertencen a todos os homes, a todos por igual, en todo tempo e lugar; atópanse de xeito innato ligados á natureza do home. Deben ser o piar das comunidades.

Porén, non son realmente respectados, existindo toda clase de violacións: privacións das liberdades fundamentais, torturas, imposibilidade de acceso aos servizos de saúde e auga potábel, uso de minas antipersoais, discriminación e actos terroristas que xeran catástrofes, xenocidio, nenos soldado, etc.

Ás veces, esquecémonos do realmente importante, ocupados como estamos no noso devir cotián. Son as cousas e as persoas cercanas as que realmente nos importan, as que nos fan sufrir ou aledarnos. Pero tamén sabemos que o noso oficio, o noso traballo, a nosa dedicación primeira e fundamental é formar a unha serie de persoas-proxecto, o cerne do futuro, as xeracións que poderán facer do mundo do mañá un universo máis xusto no que habitar. Somos educadores, e como tales, priorizamos tarefas como a que agora nos une. Debemos procurar que o noso alumnado reteña na súa retina e na súa memoria que días como o 25 de novembro, o 30 de xaneiro, o 8 de marzo… días coma o de hoxe existen porque hai persoas que sofren unha penuria diaria que contravén o espírito do ser humano que deberiamos abandeirar. É o noso labor tentar que eses sufrimentos non existan, que deixen de existiren eses días porque a sociedade do futuro, esa na que tanto temos nós que dicir –non o esquezamos, co noso propio exemplo- non as procura, non as necesita.

Por esta razón, aquí estamos, de novo, unidos por unha nova causa común, o Día dos Dereitos Humanos, denunciando a súa violación. Vímolo facendo dende hai tres días. Resulta, sen lugar a dúbidas, moi clarificador, que os nosos blogues estean unidos desde esas datas. Emotivo. Significativo. É o noso desexo seguir a loitar unidos. E conseguirémolo.

Dignidade e Xustiza para todos nós!!

“Os Dereitos Humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, esntendámolos e insistamos neles. Nutrámolos e enriquezámolos…Son o mellor de nós. Deámoslles vida” (Kofi Annan)

http://ros.rodiles2.googlepages.com/DereitosHumanos.exe

O Mundo das Letras e os Dereitos Humanos

La Aventura Humana
Osset Hernández, M.
Ed. Icaria, Barcelona, 2005.

Recompilación de trinta contos populares que corresponden a cada un dos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948. O autor quere amosar que en calquera tradición existe a lo menos un conto que é posible utilizar para transmitir os valores que enuncian os dereitos humanos polo tanto forma parte do acervo colectivo da humanidade.


Neste libro atoparedes os seguintes contos:
Afgano: Hussun Banu
Amazónico: La justicia de Tupá
Árabe: Sherezade
Bereber: Un docto cadáver
Bretón: Cantos de boda
Castelán: Blancaflor
Catalán: El conejo, el gallo, el gato, el perro y el carnero
Chinés: Liang Sanbo y Zhu Yingtai
Congoleño: Nkolle o la aventura humana
Coreano: La liebre y el hígado

Cubano: Bregantino, Bregantín
Exipcio: El león y el gato
Xitano: El origen del violín
Grego: Prometeo y la caja de Pandora

Guineano: El hijo del cocodrilo
Hindú: El bueno y
el malo
Huichol: El diluvio
Indoeuropeo: El hombre que quería robar a su compañero
Irlandés: El juicio del gato

Letón: El hombre-oso
Malí: Un bastardo
Masai: Los frutos del sicomoro
Mexicano: Xicoatl, estrella errante

Nepalí: Lalari y Kusuri; Khoktschulukpa y el nacimiento de la cultura
Quechua: El cuento de Pedro Lache
Saharaui: El honor

Sioux: El águila y el cazador
Tibetano: La hija de los dragones
Vasco: Catorce
… que os disfrutedes e vos aporten a súa maxia.

CITAS

La violencia es el último recurso del incompetente“. (Isaac Asimov)

Ojo por ojo, y el mundo acabará ciego“. (Gandhi)

La violencia es el miedo a los ideales de los demás“. (Gandhi)

No hay camino para la paz, la paz es el camino“. (Gandhi)

No hay más calma que la engendrada por la razón“. (Séneca)

La verdad no está de parte de quién más grite”. (Rabindranath Tagore)

El racismo ha sido históricamente una bandera para justificar las empresas de expansión, conquista, colonización y dominación y ha marchado de la mano de la intolerancia, la injusticia y la violencia“. (Rigoberta Menchú)

Los derechos humanos son sus derechos. Tómenlos, defiéndanlos, promuévanlos, entiéndanlos e insistan en ellos. Nútranlos y enriquézcanlos… Son lo mejor de nosotros. Denles vida”. (Kofi Annan)

Toda sociedade que pretenda asegurar aos homes a liberdade, debe comezar por garantirlles a existencia”. (León Blum)

Mentres a maioría dos homes non sexa libre, non se pode concibir ao home libre“. (Henri-Frédéric Amaniel)

Descubrir aos outros é descubrir unha relación, non unha barreira“. (Claude Lévy-Strauss)

A liberdade non é máis que a oportunidade de ser mellor“. (Albert Camus)

O MUNDO DA MÚSICA E OS DEREITOS HUMANOS

Fíjate bien (Juanes)

Te han quitado lo que tienes
Te han robado el pan del dia
Te han sacado de tus tierras

Y no parece que termina aqui
Despojado de tu casa
vas sin rumbo a la ciudad
sos el hijo de la nada

sos la vida que se va
Son los niños son los viejos
son las madres somos todos, caminando
Y no te olvides de esto no no no
Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies amor

Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies…

Ya no se quien es el dueño
de tu vida y de la mia
solo se que hay un cuento
que no parece que termina aqui
Como dicen en los diaros

y como dicen en la tele
y como dicen en la radio
que no parece que termina aqui

son los niños son los viejos
son las madres somos todos, caminando
y no te olvides de esto no no no

Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies (amor/por favor/amor)

Por que ellos no van a buscarte
ellos no van a salvarte
ellos no van ellos no van no no
y tu no lo vas a creer

Where is the love (Black eyed peas)
Rosa de la paz (Amaral)
Streets of Philadelphia (Bruce Springsteen)
Black eyes, blue tears (Shania Twain)
I will survive (Gloria Gaynor)

free music

“Estrella de mar” - Amaral

30 Novembro 2007

Este cd foi una aposta do grupo, natural e distinta que conta con cancións de pop cargadas de influencias folk e sen pudor á hora de xogar coa electrónica nalgún tema ou de soltar algún acorde roqueiro, todos estes temas envoltos pola magnífica voz de Eva e da non menos brillante guitarra de Juan Aguirre. Entre outras características atopamos esa facilidade de crear letras que falan de temas cotidiáns sen caer en tópicos ou en discursos repetitivos e aburridos. En canto as melodías, gañaron contundencia e relidade respecto a almbúms anteriores, na miña opinión con elas invítate a penetrar na música e ir máis alá de escoitar unha simple canción, certamente este dúo conseguiu lanzar con éxito un dos mellores cd´s dese ano e que de feito segue moi presente nos nosos días. Na miña opinión convertiríase nun dos grandes referentes da nosa música en nun auténtico clásico. Para min sen dúbida ninguna a canción máis espectacular é a primeira ”Sin ti no soy nada”, clasifícoa así porque creo que é a palabra que mellor expresa o significante deste tema; sobretodo é un tema realista, una situación moi frecuente na vida das mulleres e, recolle todo o contido dunha historia verdadeira. Pero ben é certo que non todo podería ser un camiño de rosas, e nunca mellor dito porque “Rosa de la paz” outro dos seus temas é na miña opinión o máis vacío de contido, quizáis porque as metáforas que escolleron para desenvolver o tema non son tan direrctas nin reais como as outras coplas. Por último desexo que esta crítica anime a máis persoas a que se abran a distintos estilos musicais porque é unha gran experiencia e pódese disfrutar moito. Podedes atopar “Estrella de Mar” nesta fonoteca.

Lucía G. P.

CORTO DE ANIMACIÓN


REVISTA DO I.E.S.

29 Novembro 2007

Na última reunión de delegad@s  informáronnos da proposta de facer unha revista do instituto. Pero para iso (a parte de ter que falar con Xoana) haberá que presentar traballos para a revista e, se están ben presentados, poderíanse publicar. Só quería informarvos para que vos animades e, se a proposta é aceptada, que presentedes os vosos traballos. María 2º B

O AMOR NON PODE SER CEGO

26 Novembro 2007

Que tipo de comportamentos son tolerábeis en nome do amor e cales teñen máis ben pouco que ver con el? Lede o seguinte relato e reflexionade sobre as reaccións de Lois e de María ante esa situación. Como credes que reaccionará María a partir dese día se novamente se queda sen batería ou ten unha chamada perdida de Lois?

Lois e  María levan saíndo dous meses. Ela ten 16 anos e el 17. O sábado Lois combinou para xogar ao fútbol e María quedou coas súas amigas para saír. A María acabóuselle a batería do móbil e non recibiu as chamadas de Lois para se encontrar con ela ata a mañá seguinte. Cando ao día seguinte chamou a Lois, este estaba todo furioso e montoulle unha boa disputa polo asunto do móbil. María tentou explicarlle que fora unha mala casualidade e unha lástima que non se puidesen ver, pero Lois insistiu en saber a ver que facía ela de noite por aí co teléfono desconectado, se era que quería poñelo ciumento, ou se quería pasalo ben facendo como que non tiña noivo, e que entón para que estaba con el, acusouna de telo apagado para que así el non poidese aparecer por onde estaban ela e as súas amigas, etc.… María tentou calmalo repetíndolle que o sentía, que non fora culpa dela, que lle quedara o cargador no coche de seu pai e que pensou que a batería aguantaría para recibir chamadas… Repetiulle sete veces síntoo e foino calmando pouco a pouco, asegurándolle que todo o que estaba a dicir eran paranoias súas. Ao final prometeulle que non volvería a suceder e así superaron a súa primeira rifa de namorados.

(Actividade da secretaría da muller do STEG)

Harry Potter de J.K. Rowling

Yo os recomiendo esta saga , tengo todas menos la última, que aun está en inglés, claro que si estoy en primero normal, me entendeis?
Yo me he pasado a veces hasta 5 horas leyndo sin parar.
gracias por leer esto.

Fdo.: David Lapido . 1º A ESO

Saga de Fairy Oak

Es genial, te metes  por completo en la piel de los personajes. Estoy esperando a que traigan a la biblioteca  el segundo libro.

                                                                          Fdo.: María Placer Dalama(1º E.S.O.  B)

O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA

23 Novembro 2007

agora si que por fin rematei de ler o diario vermello de Carlota. Está xenial e xa llo recomendei a toda a miña clase(en especial ás rapazas) e agora quero recomendárvolo a vós. Para os rapaces está o diario vermello de Flanagan.

María 2º B

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA AS MULLERES

20 Novembro 2007

Toda persoa queremos máis que ningunha outra cousa:

Que se nos recoñeza

Que se nos escoite

Que se nos teña en conta

Que se nos queira 

E non nos gusta:

Que se nos ignore

Que se nos insulte

Que se nos toque cando non queremos nin por quen non queremos

Que se nos faga burla

Que se pense que non valemos para nada

Que se pense que somos inferiores

En suma, queremos unhas relacións en igualdade e de calidade para medrarmos mellor, para sermos máis felices,para desenvolvernos como persoas capaces de decidir sobre nós, capaces de compartir e de axudar.

(Da unidade didactica “Para unhas relacións de calidade, evitemos a desigualdade. Combatamos a violencia” editada polo Servizo Galego de Igualdade) 

  

O final dun conto de fadas!!

FONOTECA DO IES DE SAR

15 Novembro 2007

A biblioteca do centro dispón dunha fonoteca composta por cds, casettes e dvds de música folclórica galega e doutras culturas, e de música clásica e moderna. Neste apartado queremos que os alumnos comenten e recomenden música aos compañeiros.

PRESENTACIÓN PÚBLICA DE “UN MUNDO DE MÚSICAS”

21 Xuño 2007

A Directora do Instituto,  Elvira Cienfuegos  e  Lupe Rodríguez

O Instituto fixo a presentación pública da exposición de instrumentos musicais do mundo que, con motivo da realización do proxecto documental interdisciplinar  “Un Mundo de Músicas”,  se está a levar a cabo na súa  biblioteca escolar.Para elo contou coa presenza da actual Concelleira de Educación Lupe Rodríguez, a concelleira da anterior lexislatura, Elvira Cienfuegos, actualmente Concelleira de Medio Ambiente e unha representación da UMAD de Compostela.O proxecto “Un mundo de músicas” ten como soporte unha exposición de 85 instrumentos de diferentes países (Senegal, Kenia , India, Exipto, Madagascar, Marrocos, Brasil, México, Colombia, Uruguai, Cuba, Perú, Ecuador e Croacia) así como instrumentos tradicionais galegos e de bandas populares de Galiza. O obxectivo principal de dito proxecto é a educación documental.

Hai un mundo de intrumentos…

 

Fotografía dalgúns dos instrumentos expostos na exposición do Proxecto “Un Mundo de Músicas”

Agradecementos

20 Xuño 2007

Grazas Mº Xosé, pero creo que o mellor nós si deberiamos agradecerche, a ti e máis ao resto de profesores, que creadares un blog tan fantastico no que poidamos poñer as nosas opinións sobre todos estes temas.
Grazas ^^.

Andrea 3º Eso A

UN MUNDO DE MÚSICAS

img_1336.JPG

No Instituto levamos dúas semanas de música, dúas semanas de “cine” Para que vexades a parte dos actos públicos podedes ir a ver a páxina das FOTOS. A exposición de instrumentos musicais do mundo que forma parte do proxecto documental interdisciplinar  “Un Mundo de Músicas” que se levou adiante desde a Biblioteca escolar, foi todo un éxito. Tanto o alumnado como o profesorado pasámolo de marabilla facendo actividades de busca de fontes de información de datos concretos sobre países, instrumentos, músicas diversas, etc. O vídeo da Traviata de Verdi foi un bo instrumento tamén para a busca de información e non digamos o programa informático de Microsoft “Instrumentos del Mundo”, ou as novelas en galego que tiñan que ver coa música…Parabéns para todo o mundo. Para o ano máis e mellor…ide pensando ideas porque o tema será seguramente “Sexo, drogas e rock and roll” no que contaremos coa colaboración da UMAD, do Concello, etc.

A expedición do Pacífico

18 Xuño 2007

ola a todos!!!Nas clases de 1º A e B estamos a ler o libro “Expedición do Pacífico” é un pouco aburrido pro stá bn. maría 1ºa

PAN DURO: SÍMBOLO DA POBREZA E DA ABUNDANCIA NO MUNDO

 
Magníficos traballos os que podemos ver estes días expostos nos andares do instituto. Son proxectos feitos por o alumnado de Volume do Bacharelato de Artes que dirixeu a profesora M. Barral. O elemento co que tiñan que traballar era o pan. O proxecto, do que vemos parte na fotografía, representa o pan duro como símbolo da pobreza en moitos países do mundo e a abundancia nos países ricos que leva a tirar moita comida.

Parabéns para 3º de ESO

17 Xuño 2007

Quero felicitarvos a todas as alumnas e alumnos de 3º polo uso que estades a facer desta bitácora da biblioteca. Se precisades axuda dalgún tipo xa sabedes onde paso bastantes horas. Os mes parabéns de novo para vos e para a vosa profesora de galego.

Mª Xosé

Outro libro para ler no verán

“O INFERNO DE MARTA” de Pasqual Alapont 
É un libro que trata un tema desgraciadamente moi de actualidade, o maltrato da muller. Nesta historia nárrase como Marta, a protagonista da historia, enámorase dunha persoa que finxe corresponder aos seis sentimentos (Hector), e que a vai alonxando dos seus seres queridos facéndolle creer que todos especulan contra a súa relación. Marta observa que cada vez Hector tenlle menos respeto e incluso chega a maltratala, chegando ao punto de darlle unha coitelada que case a leva á morte, por sorte os seus amigos chegan para salvala. Hector é encerrado en prisión e Marta ten un fillo.
Este libro inclúe ademais un texto de autoaxuda titulado : “A Máscara do Amor”, que informa máis detalladamente ao lector do tema do maltrato.
RECOMENDOLLO A TODO O MUNDO!!!
Eduardo Ramos 3º ESO A

COMENTANDO LIBROS QUE LIMOS EN LINGUA GALEGA

14 Xuño 2007

“A sombra cazadora” é un relato de  Suso Toro que nos intenta levar a un mundo de ficción que quizais non estea moi lonxe da nosa actualidade.
O libro trasládanos a unha época onde está prácticamente prohibido mirar a xente ós ollos e onde todo é controlado por un personaxe que tan sequera é real, se non a imaxe do pai dos nosos protagonistas, Clara e Teseo, que tras o suicidio do seu pai teñen que facer o imposible para non ser atopados pola policia, e para iso contan coa axuda do Toco ,que trala morte de Teseo,(despois de conseguir destruir a Imaxe), empeza unha relación con Clara, e ela queda embarazada.
Persoalmente pensamos,nos parte das alumnas/o de 3 da
E.S.O, que este libro é interesante pero demasiado fantástico.
                 Erea,Elba,Sara,Marta,Lucía,Antía e Fran.

E tamén limos estes outros…

O libro que lin foi O Inferno de Marta.
Non me gustou demasiado este libro porque a maneira de redactar do autor non me parece adecuada.
O libro trata dunha rapaza, Marta, que se namora dun rapaz, Hector, que pouco a pouco vai collendo confianza con ela, ate o punto de maltratala e tena encerrada na casa. Ao final Marta dase conta da situación que esta vivindo e decide marchar, Hector é encarcelado por matar e maltratar mulleres.
Inda que despois Marta acaba tendo un fillo de Hector.

Iago Suarez 3ª da ESO A

“Epedicion o Pacifico”:
E un libro moi aburrido, pesado,lento, e dun argumento moi pobre e un final decepcionante. A maneira de redactar do escritor deixa moito que desexar.
E o primeiro libro que lin dete xenero, e foi unha mala esperiencia, o que espero que  non sexa todos iguales. Por unltimo direi que non llo recomendo a ninguen

Sebas

Os libros que limos ultimamente en galego