Arquivo de 'Fisica'

200 ANIVERSARIO DA TEORÍA ATÓMICA DE DALTON.

11 Abril 2008

\Documents and Settings\Usuario\Mis documentos\Mis imágenes\dalton1.gifJohn Dalton John Dalton

En 1808 publicouse a obra “Novo sistema de filosofía química”, na que o físico e químico John Dalton introducía o primeiro modelo moderno do átomo. É dicir, explicaba que todo o que nos rodea, mesmo nós, estamos formados por partículas diminutas e indivisibles chamadas átomos.
As cousas teñen cambiado moito, pois agora sabemos que o átomo está a súa vez formado por electróns, protóns e neutróns, pero ese modelo que se mantivo case 100 anos vixente, permitíu un avance enorme da Química como ciencia.
Hai quen di que a “idea do átomo” é o pensamente máis fructífero de tódolos habidos na historia da humanidade.

A foto mais lonxana feita da Terra.

19 Outubro 2007

Esta foto foi tomada pola sonda espacial Voyager 1, a 6.000 millóns de kilómetros (40 veces a distancia Terra-Sol), cuando se dispoñía a abandonar o Sistema Solar alonxándose de Neptuno. Antes de facelo, xirou e fixo esa foto: a que se ten feito desde máis lonxe da Terra .
É un dos momentos máis extraordinarios na historia da tecnoloxía e a ciencia.

Se queredes ver máis historias curiosas e interesantes sobre cousas de ciencias podedes visitar a web: 

http://www.historiasdelaciencia.com

fototerra.jpg

Ramon Cid (Departamento de Física e Química)

Unha estrela do rock estudia o universo.

11 Outubro 2007

Bryan Adams

Un astrónomo retoma a súa tese de doutoramento tras tocar nunha banda de rock de éxito mundial. Ben podería ser o argumento dunha película de Hollywood, con guión inverosímil. Pero unha vez máis a realidade supera a ficción. A ciencia e a arte da man, Brian May volve ao telescopio.

Para o lexendario guitarrista de Queen, a astronomía e a música non son disciplinas tan dispares, “a música e a ciencia teñen en común o feito de que son puras e están relacionados coa alma. Son responsables da evolución da raza humana, e é a nosa responsabilidade tamén ver como de lonxe poden chegar. En certo sentido, teñen un espírito artístico común”.

“SCIENCE MUST GO ON”

Ramón Cid (Dpto de Fïsica e Química).

Fotos incribles do noso ceo … Bótalle unha ollada

28 Setembro 2007

atmospheric-optics2.jpg

Os fenómenos atmosféricos son en moitas ocasións causantes de grandes desastres. Porén, e as máis das veces, unicamente producen fermosísimas imaxes no ceo. Desde a Web ATMOSPHERIC OPTICS teredes ocasión de quedar abraiados coas marabillas que o noso ceo nos ofrece a miudo. Corre a voz …

Ramón Cid (Dpto de Fïsica e Química).

Nas vacacións … por que non un pouco de ciencia?

25 Xuño 2007

portada_webciencia.jpg

Si, é verdade que iso da ciencia sona a cousa seria, pero isto non quita que non podamos facela tamén un pouco divertida. Así que, se algún se achega ao ordenador nas longas tardes do verán (sobre todo se o día está malo) pode que pase un bo rato navegando por esta Web.

Ramón Cid.

Un pouco de Química para ver … desde moi lonxe.

30 Maio 2007

Os alcalinos son elementos químicos que se atopan na primeira columna da Táboa Periódica. Son metais, pero reaccionan tan rapidamente coa auga e o osíxeno do aire que non nos serven como tales metais. Neste video podedes ver o que ocorre en con estes metais en contacto coa auga.

ISTO NON O FAGADES NA CASA !!!

Ramón Cid (Dpto de Física e Química).

A ver quen ten máis imaxinación! Unha Táboa Periódica moi orixinal.

13 Maio 2007

Mendeleweb é un proxecto que nace para conmemorar o centenario do pasamento de Dimitri Mendeleiev, “o pai” da primeira Táboa Periódica dos elementos químicos.

A Casa das Ciencias de A Coruña propónnos elaborar unha moi orixinal Táboa Periódica. Entrade en Mendeleweb e comezade a xogar. Seguro que pasades un moi bo rato.

Ramón Cid (Departamento de Física e Química).

Mendeleweb

As mulleres na Ciencia

11 Maio 2007

mariecurie-2.jpg

Moitas mulleres cos seus descubrimentos, estudios e traballo teñen permitido que a Ciencia teña chegado ao momento actual. Estamos afeitos a ver nos libros habitualmente nomes de homes, pero a presenza de mulleres no camiño da Ciencia ten sido moi importante. Visita a seguinte web.

Ramón Cid (Departamento de Física e Química)

Un paseo polo mundo dos átomos.

atomos1.jpg

Desde a Antigüidade, o ser humano tense cuestionado de qué estaban feitas as cousas. Visita a seguinte páxina e observa como se foron dando os pasos para ir coñecendo pouco a pouco de que está todo feito.

Ramón Cid (Departamento de Física e Química)

O maior experimento da Historia.

10 Maio 2007

Xa está case que rematada a construcción do maior instrumento construido pola Ciencia. Ten 27 km de largo e conta con miles de toneladas de material sofisticado. Está situado en Xenebra (Suiza) no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) e a cen metros baixo terra. O aparello en conxunto chámase LHC e nel poderanse reproducir millóns de “Big Bang” a escala para coñecer os secretos mellor gardados da Natureza e como foi o comezo do noso Universo.

operario_recorre_tunel_27_kilometros_cern.jpg

Web oficial do CERN

Ramón Cid (Departamento de Física e Química)