200 ANIVERSARIO DA TEORÍA ATÓMICA DE DALTON.
En 1808 publicouse a obra “Novo sistema de filosofía química”, na que o físico e químico John Dalton introducía o primeiro modelo moderno do átomo. É dicir, explicaba que todo o que nos rodea, mesmo nós, estamos formados por partículas diminutas e indivisibles chamadas átomos.
As cousas teñen cambiado moito, pois agora sabemos que o átomo está a súa vez formado por electróns, protóns e neutróns, pero ese modelo que se mantivo case 100 anos vixente, permitíu un avance enorme da Química como ciencia.
Hai quen di que a “idea do átomo” é o pensamente máis fructífero de tódolos habidos na historia da humanidade.
Abril 22nd, 2008 at 11:30 am
Dalton fixo unha teoria atómica baseandose nas inventigacions de cientificos e filosofos, partia dunha base que pertencian a investigadores de hai 2000 anos, el a partir do que fixeron investigou cos seus propios medios como era a materia, porque está formada e como se podia combinar.
Hai 200 anos aproximadamente un cientifico non tiña os medios nin a tecnoloxia que hai agora como para poder facer unha investigacion sobre o atómo, pero Dalton foi o primeiro cientifico que fixo unha teoria importante sobre algo que revolucionou a quimica, esta teoria case se tivo en vixencia 100 anos. Esta teoria foi cambiando co tempo e a medida de que os cientificos ian investigando ese modelo foron modificandoa segundo as suas investigacions.
Os atómos estan formados por particulas (neutróns, protons, electróns), pero sen embargo, o modelo atómico de Dalton pode seguir sirvindo ás investigacións.
É incrible e extraordinario que hai 200 anos un cientifico poidera investigar este tipo de teorias e dar cunha que revoluciono a quimica.
Maio 11th, 2008 at 12:48 am
John Dalton foi o primeiro científico que explicaba como estaba constituída a materia. Esta teoría proporcionou unha base para interpretar o comportamento da materia.
Apoiándose neste feito, os posteriores científicos explicarían que os átomos non poderían ser tan simples como afirmaba Dalton.
Actualmente sabemos que o átomo está formado por neutróns, protóns e electróns; pero isto só foi posible grazas ao modelo atómico de JOHN DALTON.
P.D: Aínda que demomento non estea moi preparada e os meus coñecementos sexan escasos no tema da química, teño que recoñecer que me gusta moito e espero sacar un bo partido.
Maio 14th, 2008 at 7:44 pm
Cando falamos de John Dalton, falamos dun home excepcional que foi quen de visionar nalgo tan inmenso como a materia que constitúe o Universo, algo tan pequeno e fundamental como o átomo.
Este científico revolucionou a nosa concepción de todo o que nos rodea, pois coa súa coñecida teoría atómica outorgou ao mundo unha base para interpretar o comportamento da materia. Pese a que actualmente sabemos que o átomo non é tan simple como Dalton pensaba, senón que está composto por partículas máis pequenas(electróns, protóns, neutróns…), de non ser por este home, a ciencia, a tecnoloxía e a sociedade en xeral non estarían nin a metade de avanzadas do que o están hoxe en día.
Dalton non fixo un descubrimento, Dalton descubriunos o mundo.
Eduardo
Maio 14th, 2008 at 7:48 pm
Penso que todos debemos estar moi agradecidos, ao esforzo que realizou Dalton, durante a investigación dunha cousa tan pequena, como pode ser o átomo, pero que resultou ser tan grande para o mundo.
Ademais, opino que ten moito mérito este descubrimento, xa que hai que ter en conta, que naqueles tempos non tiñan tantos avances como os que temos nós hoxe en día. O que aínda me xustifica máis que “querer é poder”, e que se realmente queremos avanzar no mundo da ciencia (cousa que facemos día a día, debido, en especail, a nosa curiosidade por saber o por que) debemos abrir ben a nosa mente e estar dispostos a todo.
Ana
Maio 14th, 2008 at 8:21 pm
Son a primeira en facer un comentario, que honor!! En fin, vou empezar por recoñecer o pouco éxito que teño coa química (de momento). Aínda así, son consciente da importancia que tiveron as ocurrencias de John Dalton, pois grazas a aportacións científicas como foi a súa teoría atómica, coñécese de qué está constituída a materia,etc. Noutras palabras, foi tan importante que ata hoxe en día é recoñecido (polos que queren, vamos). Este tipo de contribucións levaron e levarán moito máis adiante á ciencia, só hai que ter…paciencia.
Débora