200 ANIVERSARIO DA TEORÍA ATÓMICA DE DALTON.
11 Abril 2008En 1808 publicouse a obra “Novo sistema de filosofía química”, na que o físico e químico John Dalton introducía o primeiro modelo moderno do átomo. É dicir, explicaba que todo o que nos rodea, mesmo nós, estamos formados por partículas diminutas e indivisibles chamadas átomos.
As cousas teñen cambiado moito, pois agora sabemos que o átomo está a súa vez formado por electróns, protóns e neutróns, pero ese modelo que se mantivo case 100 anos vixente, permitíu un avance enorme da Química como ciencia.
Hai quen di que a “idea do átomo” é o pensamente máis fructífero de tódolos habidos na historia da humanidade.