NIRVANA NA FONOTECA DO CENTRO
28 Febreiro 2008Nirvana é o prototipo de grupo grundge. Rockero e tolos de natureza, a súa música sempre está cargada de enerxía e pasión. Os seus tres compoñentes fixeron algo grande pola musica dos noventa.
Durante os anos que este grupo estivo vixente houbo movementos de xente que os idolatrou hasta o máximo, incluso agora, despóis da morte do famoso vocalista, Kurt Cobain, en 1994, o grupo esta máis valorado en certa forma.
Para a xente que disfruta co rock, punk, etc. isto supon mais do que es. Por iso, invítovos a coñecelos, xa que vos pode facer disfrutar, e subi-la adrenalina.
Este disco, Nevermind, considérase o mellor da súa carreira. Contén os exitos de nirvana que máis triunfaron.
Xa comeza directamente ca canción que os fixo realmente coñecidos: Smells like teen spirit, a cal seguramente todos escoitastes. Este comezo impulsa a escoitalo enteiro.
Un tema que me gusta bastante, é por exemplo, Lithium…é tranquilo e excitante á vez.
As melodías paracen sinxelas, pero dentro delas escóndese unha certa complexidade, descuberta por cada músico que pretende versionalas. A voz de Kurt, sempre xove e cun certo rasgado, enamora a quen lle preste a mínima atención.
Ten un ritmo bastante marcado, co cal séntense ganas de mover a cabeza, coma si se estivese nun concerto.
De todas formas é convinte dicir, que para a gran maioría, o disco se fai un pouco monótono e repetitivo. Aínda que todo depende de gustos, é certo que poucos podémolo escoitar de cabo a rabo sen que raie.
COMPOÑENTES:
Kurt Cobain - voz, guitarra solista
Krist Novoselic - Baixo
Os baterias foron varios distintos, pero o que estivo nos ultimo catro anos foi Dave Grohl - batería (1990-1994)
PREMIOS:
1992: MTV Video Music Awards Mejor Video Alternativo por “Smells Like Teen Spirit”
1992 Video Music Awards Mejor Artista Nuevo
1993 MTV Video Music Awards Mejor Video Alternativo por “In Bloom”
1993 Brit Awards Acto Internacional Revelación
1994 MTV Video Music Awards Mejor Video Alternativo por “Heart-Shaped Box”
1994 MTV Video Music Awards Mejor Dirección de Arte por “Heart-Shaped Box” (en conjunto con Bernadette Disanto)
1995 American Music Awards Artista de Heavy Metal/Hard Rock Favorito
1996 Premios Grammy Mejor Álbum de Música Alternativa por MTV Unplugged in New York
2000 Libro Guiness de los Récords Video más Rotado en MTV Europa por “Smells Like Teen Spirit”
2000 Libro Guiness de los Récords Álbumes póstumos más exitosos por MTV Unplugged in New York y From the Muddy Banks of the Wishkah
Din que hai que abrirse a novos mundos, coñecer todo o que nos rodea, por iso mismo convídovos a coller o cd na fonoteca do noso instituto, na que tamén encontraredes máis éxitos de nirvana e outros grupos similares.
Ata a próxima.
Clarisa Pérez.