DÍA 30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ
28 Xaneiro 2008Violencia é que ainda no século 21 ,os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse.
Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez , escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso.
Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa , da esmola da xente, e como ata algunha xente lles chega a parecer normal esta situación tan inxusta .
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda……¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .
Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui 1915-1985)
O pasado día 19 do mes de decembro tivemos connosco a Antom Freire para falar sobre o libro de John Boyne “O neno do pixama a raias”. A actividade, planificada pola profesora de Historia Carme Alvariño en colaboración coa BE, estivo dirixida esta vez a todo o alumnado de 4º da ESO.Foi unha auténtica ledicia escoitar “conversar” a Antom Freire coas alumnas e alumnos sobre ese magnífico libro, sobre o contexto histórico no que se desenvolve a súa trama e as causas do nazismo, etc.Tamén se falou doutros libros que tratan o mesmo tema, como o Diario de Ana Frank, a novela gráfica “Maus”,… E, por suposto tamén se falou de películas tales como “El pianista”, “El gran dictador”, “La decisión de Sophie”…