NOVIDADES EN CÓMIC: KIKI DE MONTPARNASSE
Kiki de Montparnasse de Catel Muller (debuxo) e José- Louis Bocquet (guión)Ediciones SinsEntido.Novela gráfica na que se narra a vida e obra da muller que foi, durante vinte anos, a musa dos artistas parisinos. Un libro sorprendente, polo seu acercamento a este personaxe e a outros como Picasso, Tzara, Man Ray…
Unha obra que recomendo especialmente ao alumnado do Bacharelato de Artes.
