“Estrella de mar” - Amaral

Este cd foi una aposta do grupo, natural e distinta que conta con cancións de pop cargadas de influencias folk e sen pudor á hora de xogar coa electrónica nalgún tema ou de soltar algún acorde roqueiro, todos estes temas envoltos pola magnífica voz de Eva e da non menos brillante guitarra de Juan Aguirre. Entre outras características atopamos esa facilidade de crear letras que falan de temas cotidiáns sen caer en tópicos ou en discursos repetitivos e aburridos. En canto as melodías, gañaron contundencia e relidade respecto a almbúms anteriores, na miña opinión con elas invítate a penetrar na música e ir máis alá de escoitar unha simple canción, certamente este dúo conseguiu lanzar con éxito un dos mellores cd´s dese ano e que de feito segue moi presente nos nosos días. Na miña opinión convertiríase nun dos grandes referentes da nosa música en nun auténtico clásico. Para min sen dúbida ninguna a canción máis espectacular é a primeira ”Sin ti no soy nada”, clasifícoa así porque creo que é a palabra que mellor expresa o significante deste tema; sobretodo é un tema realista, una situación moi frecuente na vida das mulleres e, recolle todo o contido dunha historia verdadeira. Pero ben é certo que non todo podería ser un camiño de rosas, e nunca mellor dito porque “Rosa de la paz” outro dos seus temas é na miña opinión o máis vacío de contido, quizáis porque as metáforas que escolleron para desenvolver o tema non son tan direrctas nin reais como as outras coplas. Por último desexo que esta crítica anime a máis persoas a que se abran a distintos estilos musicais porque é unha gran experiencia e pódese disfrutar moito. Podedes atopar “Estrella de Mar” nesta fonoteca.

Lucía G. P.

9 Responses to ““Estrella de mar” - Amaral”

  1. SEBAS Says:

    esta ben ainda que non me gusta moito pero esta ben.

    SEBAS 3ºB

  2. david iribarnegaray 3ºeso B Says:

    A min gústame todo tipo de música excepto o rap, se che apetece un día escoitar algunha canción de Amaral, podes mirar en internet ou se non pos nunha emisora de rádio e seguro que poñen algunha dela.

    David 3º

  3. Lara 3ºB Says:

    Amaral é unha cantante que ten algunhas cancións moi chulas.
    Eu estou de acordo coa persoa que escribiu o comentario da parte de arriba.
    Ten cancións moi bonitas que reflexan cousas que pasan no día a día. Hai algunhas cancións que son bastante feas e non me gustan, a verdade eu non coñezo moito as cancións desta cantante pero algunhas que oín gustáronme, non todas.

  4. Lorena 3º B Says:

    A min gustanme as cancións de Amaral sobre todo a de ” Son mis amigos” Eu tou de acordo coa persoa que escribiu ese articulo e dende aquí animo a que todos escoiten as suas cancións porque todas as que eu escoitei son moi bonitas e falan todas de temas realistas, e son do tipo de musica que lle gustan a todos.

  5. Adrian Says:

    O grupo Amaral ten bastante éxito no mundo da música pop, os mozos e mozas. A maioría das veces que tocan na radio, televisión, etc, ou en directo, teñen moitos fans que os seguen día a día. Eu estou de acordo cou persoa que escribíu este texto ou comentario

  6. Isma & Angie Says:

    Este grupo fai as suas propias letras e combina as habilidades de cada membro. A que mais resalta é a sensacional voz de Eva pero tampouco hai que quitarlle mérito a Xoan ca sua fermosa guitarra.En definitiva, son un gran dúo de emprendedores e traballadores a hora de loitar contra a inxustiza a través da sua música.

  7. Alfonso 3 E.S.O. B Says:

    A min Amaral é unha cantante que me gusta como canta e as súas canción, e creo que non son o único que o pensa, xa que votan moitas veces as suas cancións na radio, en varias emisoras.

  8. Estefania 3B Says:

    A min Amaral non é que me guste moito.
    Estou de acordo con unha parte do que se di no texto de “Estrella de mar”
    Na miña opinión hai mellores grupos que Amaral pero tamén peores.
    Tou de acordo con que ebemos experimentar con música de diferentes estilos.

    Estefanía

  9. moniCA Says:

    Que pasada de crítica, creo ke xa se notou porque ten varios comentarios, lucia gustaríame coñecerte porque tes o mismo concepto de música ca min eu teño 20 anos e dende ke saliu o primeiro cd de amaral apaixooume. Que ben expresas o ke sentes, gustariame ter esa facilidade de palabra. Se che apetece escríbeme o meu correo creo k nos poderiamos levar ben. Noraboa polo comentario, tuvo exito!!!!!!!!!!!!!!!!!
    Animadevos que é un dúo fabuloso!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Leave a Reply