25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA AS MULLERES
Toda persoa queremos máis que ningunha outra cousa:
Que se nos recoñeza
Que se nos escoite
Que se nos teña en conta
Que se nos queira
E non nos gusta:
Que se nos ignore
Que se nos insulte
Que se nos toque cando non queremos nin por quen non queremos
Que se nos faga burla
Que se pense que non valemos para nada
Que se pense que somos inferiores
En suma, queremos unhas relacións en igualdade e de calidade para medrarmos mellor, para sermos máis felices,para desenvolvernos como persoas capaces de decidir sobre nós, capaces de compartir e de axudar.
(Da unidade didactica “Para unhas relacións de calidade, evitemos a desigualdade. Combatamos a violencia” editada polo Servizo Galego de Igualdade)
O final dun conto de fadas!!
novembro 21st, 2007 at 7:01 pm
O ano pasado, en habilidades sociais escoitamos esta canción cando estabamos a falar da violencia de xénero. Nunca escoitei unha canción que transmitira unha mensaxe tan real coma esta e a pesares de non poder amosar unha canción cos ritmos que a todos nos gusta penso que sen escoitar a canción, só coa lectura da letra nos damos conta no que estamos a vivir no noso país e en todo o mundo.
novembro 26th, 2007 at 3:27 pm
Eu tou de acordo co que di porque as mulleres teñen os mesmos dereitos cos homes e por eso non teñen por que tratalas coma se fosse súas porque ás mulleres son libres de facer todo o que queiran. Eu tou en contra en que os homes non deberian maltratar ás mulleres porque eles crense máis por facer iso e o que no se dan conta e que fan pasar mal a elas e grazas os medios que hai agora pos si hai algún maltrato pos chaman e xa ta eso é bo porque cada vez hai menos maltratos grazas a esas iniciativas .
novembro 26th, 2007 at 3:32 pm
SOBRE O TEXTO:
Pareceme ben e estou de acordo co o texto.
Eu creo que para parar a violencia deberian poñer condenas mais longas e castigos mais duros e non dar liverdade vixiada.
Aida que algunhas veces a culpa a ten a muller.
SOBRE O VIDEO:
Está ben é moi realista e a historia esta moi ben.
novembro 26th, 2007 at 3:33 pm
A min pareceme que do que trata o texto é algo moi importante porque todos debemos respetarnos e todos temos dereito a igualdade. Eu penso que a ninguén lle gustaría que o insultase, que lle faltase o respeto, que o ignoren, etc. E nos tempos que corren isto, non sería normal. Ademais do respeto aos demais, tampouco se pode permitir a violencia, por que perecen salvaxes os que lle pegan as mulleres, etc…
Total que coa violencia non se arranxa nada, ou case nada.
novembro 26th, 2007 at 3:33 pm
SOBRE O TEXTO:
Estou de acordo con todas as cousas que pon no texto. Todos temos que respetarnos os uns aos outros, porque aínda que sexa sen querer moitas veces facemos cousas que poden molestar a moita xente.
Moitas das cousas aquí nomeadas pola mestra son ealidade aínda que non nos guste.
Estas palabras reflicten a realidade que por desfraza estamos vivindo agora en todo o mundo sen excepcións.
SOBRE O VÍDEO:
A canción é moi realista. Esta feito coa realidade que pasa en moitas casas do mundo.
Estas cancións que están feitas para reibindicar todo isto son moi boas para que a xente que ten este problema pense e pida axuda.
novembro 26th, 2007 at 3:34 pm
Estou totalmente dacordo co comentario que espuxo a profesora Maria Xoxe,pois nel reflicte que hai cousas que as mulleres non debemos permitir ao outro xénero.
A ctualmente en España e en todo o mundo están a suceder centos de casos de violencia de xenero.Principalmente é o xénero masculino o que maltrata ao xénero feminino ata que a maioria dos casos despois dunha maltratación ou violación as matan.
Ahora coa invención dos GPS as mulleres están moito máis protexidas pola lei pois este pequeno aparato seve para a localización de cada persoa que o leve consigo;pois a polícia esta en todo momento sabendo donde se encontra a persoa que poida sufrir algún tipo de abuso ou maltratación.
novembro 26th, 2007 at 3:35 pm
Eu opino que o texto de Maria Xosé esta moi ben porque todos somos iguais. Ninguen é máis persoa que outra por tratar mal á xente, ó contrario porque esas persoas que maltatan a outras acaban mal, na cárcel ou mortos porque despois arrepintense e cando eso pasa é tarde, o mal está feito.
Non somos animais salvaxes para que nos insulten e non nos fagan caso e moito menos que nos peguen. Dudo que a esas persoas lle guste que nos lle fagamos o mesmo, temos que tratar os demáis como nos gustaría que nos trataran a nos.
novembro 26th, 2007 at 3:35 pm
A min paréceme que o texto de María Xosé é algo normal que ten que ocurrir na vida diaria igual que as mulleres nos deben respetar os homes, porque todos somos persoas, non importa o xénero. Cada un debe ser respetado como el respeta os demais.
Tamén unha muller ten duas mans e dous pés igual que os homes e poden conducir e traballar igual que nos e nos podemos barrer igual que elas.
novembro 26th, 2007 at 3:36 pm
A nós o texto parécenos moi interesante porque é o que a xente normalmente pensa.
É indignante que no século XXI síganse facendo estas cousas.
Para os ollos de Deus todos somos iguais e por tanto, temos os mesmos dereitos e obligacións.
Tamén as mulleres deberian ter mais valor para denunciar os seus maltratos.
A xustiza debería ser mais contundente contra estos homes que non saben tratar ás persoas e deberian ensinarlles a comprender como se sinten os demais.
novembro 26th, 2007 at 3:36 pm
O texto pareceme o máis real, xa que todas as personas tanto rapazes como rapazas, homes e mulleres pensamos iso… aínda que moitas veces sen darnos conta facemos cousas que fan que os demais se sintan mal… como insultar un compañeiro, ignoralo, facerlle burla…. para que estas situacións disminuian deberiamonos poñer no lugar dos demais e pensar se a nos mesmos nos gustaria que nos tratasen da forma que as veces tratamos aos demais, moitas veces sen darnos conta… Tamen poderiamos intentar arreglar as cousas falando, intentar combencer a unha persoa que trate mellor a outra, non rirnos das burlas que os mais populares lle fan as persoas mais timidas ou que lles costa relacionarse cos demais persoas e defender os seus dereitos… por istas razóns tou totalmente co texto.
“El final del cuento de hadas” é unha canción que transmite moitas cousas e que non hai moitas que sexan tan reais e que transmitan unha mensaxe tan clara. Penso que todas as persoas deberian escoitar como mínimo unha vez esta canción xa que é unha historia que se repite en calquera lugar do mundo…
novembro 26th, 2007 at 3:38 pm
Estou de acordo co contido do texto xa que tanto as mulleres coma os homes, deben dispoñer dos mesmos dereitos e das mesmas oportunidades. Pero hai persoas que non pensan igual e abusan tanto das mulleres como doutras persoas que consideran débiles. Penso que todos debemos replantexarnos tratar mellor ao resto de persoas se desexamos que nos traten ben a nós. A discrimiación de xénero é moi común nestes tempos pero normalmente sempre se discrimina a muller xa que se pensa que é un seres inferior ao home pero iso non é así xa que exísten e exístiron moitas mulleres que axudan e axudaron a mellora de vida. Así pois a canción “un final dun conto de fadas” transmite os maltratos e abusos que reciben as mulleres por homes que se cren superiores a elas. Outro exemplo de discriminación son os obusos a menores tamen moi comúns na actualidade, pero pouco a pouco intentaremos cambiar este feito que se ven dando dende fai tempo.
novembro 26th, 2007 at 3:38 pm
A canción chegoume o corazón porque reflexa tal e como é a vida das mulleres agredidas.
novembro 26th, 2007 at 3:38 pm
UN FINAL DUN CONTO DE FADAS:
Pareceume unha canción na que se representa a realidade ,pois nela reflicte o que lle ocurre dia a dia a cada muller.
Esta cancion aparte de ter un sonido escoitable como dixen antes nela escoitase a letra dunha muller maltratada,que como ela esta historia sucede en moitas vivendas de España e o mundo.
novembro 26th, 2007 at 3:38 pm
O video préceme que os homes non teñen dereito levantarlle a man as mulleres nin a nadie pero tampouco teñen dereito a nin chillarlle nin darlle ordes porque al mulleres son libres de pensar e facer o que queiran ca súa vida porque elas son libres de facer o que queiran o video en si non me gustou nada porque trata dos malos tratos e non me gusta nada que lle peguen a nadie nin nada a musica en si tava mu ben pero o contido non me gustou esa era a miña opinión e creo que eso e o que toda a xente debera pensar
novembro 26th, 2007 at 3:39 pm
Eu opino que a cancion de O Final Dun Conto De Fadas é un caso de violencia as mulleres.
novembro 26th, 2007 at 3:40 pm
Un final dun conto de fadas é un vídeoclip que vimos hoxe, Luns 25/11/2007, na clase de obradoiro de iniciativas emprendedoras, que trata dun mozo, e unha moza, que se casan e despois de que a moza quedase embarazada comezaron os problemas, el empezou a pegarlle e o final ela denunciouno, casouse con outro home e o final do vídeo o seu antigo marido matouna ese vídeo é moi forte para que o vexan nenos pequenos