“Estrella de mar” - Amaral
30 Novembro 2007Este cd foi una aposta do grupo, natural e distinta que conta con cancións de pop cargadas de influencias folk e sen pudor á hora de xogar coa electrónica nalgún tema ou de soltar algún acorde roqueiro, todos estes temas envoltos pola magnífica voz de Eva e da non menos brillante guitarra de Juan Aguirre. Entre outras características atopamos esa facilidade de crear letras que falan de temas cotidiáns sen caer en tópicos ou en discursos repetitivos e aburridos. En canto as melodías, gañaron contundencia e relidade respecto a almbúms anteriores, na miña opinión con elas invítate a penetrar na música e ir máis alá de escoitar unha simple canción, certamente este dúo conseguiu lanzar con éxito un dos mellores cd´s dese ano e que de feito segue moi presente nos nosos días. Na miña opinión convertiríase nun dos grandes referentes da nosa música en nun auténtico clásico. Para min sen dúbida ninguna a canción máis espectacular é a primeira ”Sin ti no soy nada”, clasifícoa así porque creo que é a palabra que mellor expresa o significante deste tema; sobretodo é un tema realista, una situación moi frecuente na vida das mulleres e, recolle todo o contido dunha historia verdadeira. Pero ben é certo que non todo podería ser un camiño de rosas, e nunca mellor dito porque “Rosa de la paz” outro dos seus temas é na miña opinión o máis vacío de contido, quizáis porque as metáforas que escolleron para desenvolver o tema non son tan direrctas nin reais como as outras coplas. Por último desexo que esta crítica anime a máis persoas a que se abran a distintos estilos musicais porque é unha gran experiencia e pódese disfrutar moito. Podedes atopar “Estrella de Mar” nesta fonoteca.
Lucía G. P.
