Arquivo de Outubro de 2007

LIBROS EN GALEGO

26 Outubro 2007

Na clase de galego de 2º B, temos que ler algún libro que nos recomendou a nosa profesora Carme Lado. “O verán por diante”, “O diario vermello de Carlota” ou “O diario vermello de Flanagan” son algúns deles e que Mº Xosé xa encargou para a biblioteca. Segundo a síntese que nos deu a nosa profesora teñen pinta de ser libros moi interesantes e divertidos e que tratan de temas dos que falamos na vida cotiá. Se vos interesa algún a biblioteca estará dispoñible.

              

A foto mais lonxana feita da Terra.

19 Outubro 2007

Esta foto foi tomada pola sonda espacial Voyager 1, a 6.000 millóns de kilómetros (40 veces a distancia Terra-Sol), cuando se dispoñía a abandonar o Sistema Solar alonxándose de Neptuno. Antes de facelo, xirou e fixo esa foto: a que se ten feito desde máis lonxe da Terra .
É un dos momentos máis extraordinarios na historia da tecnoloxía e a ciencia.

Se queredes ver máis historias curiosas e interesantes sobre cousas de ciencias podedes visitar a web: 

http://www.historiasdelaciencia.com

fototerra.jpg

Ramon Cid (Departamento de Física e Química)

Unha estrela do rock estudia o universo.

11 Outubro 2007

Bryan Adams

Un astrónomo retoma a súa tese de doutoramento tras tocar nunha banda de rock de éxito mundial. Ben podería ser o argumento dunha película de Hollywood, con guión inverosímil. Pero unha vez máis a realidade supera a ficción. A ciencia e a arte da man, Brian May volve ao telescopio.

Para o lexendario guitarrista de Queen, a astronomía e a música non son disciplinas tan dispares, “a música e a ciencia teñen en común o feito de que son puras e están relacionados coa alma. Son responsables da evolución da raza humana, e é a nosa responsabilidade tamén ver como de lonxe poden chegar. En certo sentido, teñen un espírito artístico común”.

“SCIENCE MUST GO ON”

Ramón Cid (Dpto de Fïsica e Química).