Fotos incribles do noso ceo … Bótalle unha ollada

Os fenómenos atmosféricos son en moitas ocasións causantes de grandes desastres. Porén, e as máis das veces, unicamente producen fermosísimas imaxes no ceo. Desde a Web ATMOSPHERIC OPTICS teredes ocasión de quedar abraiados coas marabillas que o noso ceo nos ofrece a miudo. Corre a voz …
Ramón Cid (Dpto de Fïsica e Química).
Decembro 21st, 2007 at 3:07 pm
Pareceume impresionante tanto a información, que anída que estaba en inglés fun capaz de entendela, como as fotos que había. Pero o que máis impresiona é o feito de que os fenómenos atmosféricos non son máis que unha pequena parte de todas as marabillas que hai no universo e que están alí para que nós as descubramos. Lamentablemente non tiven moitas oportunidades de contemplar estos fenómenos no ceo, pero coas poucas que si tiven comprendín que TODO está marabillosamentemente feito e de que non saiu da nada ou por azar, como moitos pensan. É demasiado abraiante como para poder expresalo con palabras, pero podo dicir que incluso mirar as estrelas pola noite resulta fascinante. É unha verdadeira pasada!!!