PRESENTACIÓN PÚBLICA DE “UN MUNDO DE MÚSICAS”
A Directora do Instituto, Elvira Cienfuegos e Lupe Rodríguez
O Instituto fixo a presentación pública da exposición de instrumentos musicais do mundo que, con motivo da realización do proxecto documental interdisciplinar “Un Mundo de Músicas”, se está a levar a cabo na súa biblioteca escolar.Para elo contou coa presenza da actual Concelleira de Educación Lupe Rodríguez, a concelleira da anterior lexislatura, Elvira Cienfuegos, actualmente Concelleira de Medio Ambiente e unha representación da UMAD de Compostela.O proxecto “Un mundo de músicas” ten como soporte unha exposición de 85 instrumentos de diferentes países (Senegal, Kenia , India, Exipto, Madagascar, Marrocos, Brasil, México, Colombia, Uruguai, Cuba, Perú, Ecuador e Croacia) así como instrumentos tradicionais galegos e de bandas populares de Galiza. O obxectivo principal de dito proxecto é a educación documental.
xuño 22nd, 2007 at 12:29 am
Parabéns! Foi para min un auténtico pracer comprobar o magnífico labor que se desenvolve desde a biblioteca do Centro. Interdisciplinariedade, interculturliedade, novas tecnoloxías,… e un obxectivo, que hoxe, na “sociedade da información” cobra, se cabe, maior importancia: aprender a buscar, e sobre todo, a seleccionar información. Estou segura de que o alumnado sae altamente beneficiado de actividades como as desenvolvidas. Felicitacións ao profesorado -especiais para quen tivo a iniciativa e promoveu e coordenou o seu desenvolvemento-. E o meu desexo de que teña continuidade e se difunda: é moi importante que se saiba do traballo dos centros públicos pola continua mellora da calidade educativa. ( Por certo: o concello de Santiago, xunto con Nova Escola Galega, convoca anualmente os premios “Educacompostela” á innovación educativa. Aínda estades a tempo de presentarvos aos do 2007. Facédeo!!)
xuño 22nd, 2007 at 8:12 pm
Grazas pola información Elvira. Foi unha honra que viñeses ao instituto. Sempre te recordareamos a ti e a Guadalupe. Por certo, gustaríanos moito que nos fixeses outra visita.
Un cordial saúdo de todo o alumnado do I.E.S. de Sar.