UN MUNDO DE MÚSICAS
No Instituto levamos dúas semanas de música, dúas semanas de “cine” Para que vexades a parte dos actos públicos podedes ir a ver a páxina das FOTOS. A exposición de instrumentos musicais do mundo que forma parte do proxecto documental interdisciplinar “Un Mundo de Músicas” que se levou adiante desde a Biblioteca escolar, foi todo un éxito. Tanto o alumnado como o profesorado pasámolo de marabilla facendo actividades de busca de fontes de información de datos concretos sobre países, instrumentos, músicas diversas, etc. O vídeo da Traviata de Verdi foi un bo instrumento tamén para a busca de información e non digamos o programa informático de Microsoft “Instrumentos del Mundo”, ou as novelas en galego que tiñan que ver coa música…Parabéns para todo o mundo. Para o ano máis e mellor…ide pensando ideas porque o tema será seguramente “Sexo, drogas e rock and roll” no que contaremos coa colaboración da UMAD, do Concello, etc.
xuño 20th, 2007 at 9:39 pm
Comentario
Boas!!!
Queria dar a miña opinion respecto ó concerto que se nos ofreceu, acompañado por unha explicación de gaita galega hoxe no instituto. Imaxino que moitos dos que leades isto, persaredes que quizais sexa un pouco “aburrido ou coñazo” pero non foi así, o certo é que, compañeiros, o concerto estibo xenial, foi muy ameno y divertido.
Respecto a exposición que se está a facer ” Un mundo de músicas” é moi interesante e apréndese mouto.
Gustaríame, como compañeira vosa, facer unha reclamación do instrumento que se roubou, porfavor, devolvede a flauta trabeseira. Gracias:
Roiby, 1º bac D
xuño 20th, 2007 at 9:42 pm
Comentario
Para min a exposicion pareceume moi ben, pero era mmellor que hubese mais intrumentos de todo o mundo e especialmente de santiago de compostela xa que a exposicion foi ai.
Asd:
Sergi
xuño 20th, 2007 at 9:45 pm
Comentario
Gustoume moiti a conferencia dos gaitiros asturianos ainda que botei en falta que bailase patiño ao final.
Tamén me gustou bastante a maravillosa exposicion de instrumentos musicais de diversos sitios.
Sergio 1º D bacharelato