CARLOTA GARCÍA, premiada na VI edición de ‘El País de los Estudiantes’ a nivel nacional
Estos días estamos de celebración. Carlota García Hervelle resultou premiada na VI edición de ‘El País de los Estudiantes‘, na modalidade de premios individuais á mellor TIRA CÓMICA. Carlota, de 2º de Bacharelato de Artes do noso instituto, incluiu na sección Tema Libre, que este ano se centrou na especulación inmobiliaria, do periódico “O ECO DO SAR” , unha tira cómica onde aparece un peixe que fai as maletas e márchase enfadado porque lle destrozaron a súa casa. A especulación inmobiliaria na costa galega, reflectida con tres trazos e grande calidade, valeulle este premio a Carlota. Parabéns, Carlota. Desde este blog queremos darlle tamén os nosos parabéns a todo o alumnado que participou na elaboración do periódico nesta VI edición e ao equipo de profesorado que coordinou esta nova edición: Pablo Gómez, Ramón Cid, Mª Xosé Molina e Carme Alvariño. Esta última profesora foi a que coordinou esa sección e impulsou a reflexión sobre o tema da especulación inmobiliaria en Galicia en varios cursos. Así se fai!
xuño 11th, 2007 at 7:37 pm
Noraboa a Carlota por ese premio e polo tema escollido. Gustaríame coñecer esa tira cómica. Habería algunha forma de que puidésedes poñer un enlace??
Grazas e parabéns de novo.
xuño 12th, 2007 at 12:13 am
Grazas Cristina. Non te coñecemos pero unha mensaxe como a túa sempre gosta. Si que hai forma de poñer un enlace ao “El País de los estudiantes” . O que ocorre é que está moi ben traballar con BLOGALIZA para apoiar as cousas feitas desde Galiza e sen estar suxetos aos ditados das grandes empresas, pero ten estes problemillas (menos medios, menos prestacións, etc. e non tes, por exemplo, a posibilidade de poñer enlaces no momento que ti queres). De todos xeitos neste momento está dispoñible o servizo e xa vou poñer un enlace para que se poda ver o noso periódico ” O ECO DO SAR” onde aparece a tira cómica (todo en galego…aínda que aos de El País non lle guste moito). A tira non a podemos reproducir como tal, de momento polo menos, porque o periódico El País resérvase todos os dereitos. Graciñas de novo. Saúdiña.
Mª Xosé Molina