LER NO VERÁN

ola a todos. gustaríame que soubésedes k para os k lles guste a lectura poden levar un libro para ler no verán. teredes k devolvelo á volta das vacacións(no curso 2007-2008).¡¡¡¡¡A K MOLA!!!!! María 1º E.S.O. A

6 Responses a “LER NO VERÁN”

  1. Iago Says:

    O libro que lin foi O Inferno de Marta.
    Non me gustou demasiado este libro porque a maneira de redactar do autor non me parece adecuada.
    O libro trata dunha rapaza, Marta, que se namora dun rapaz, Hector, que pouco a pouco vai collendo confianza con ela, ate o punto de maltratala e tena encerrada na casa. Ao final Marta dase conta da situación que esta vivindo e decide marchar, Hector é encarcelado por matar e maltratar mulleres.
    Inda que despois Marta acaba tendo un fillo de Hector.

    Iago Suarez 3ª da ESO A

  2. sebastian Says:

    Epedicion o Pacifico:
    E un libro moi aburrido, pesado,lento, e dun argumento moi pobre e un final decepcionante. A maneira de redactar do escritor deixa moito que desexar.
    E o primeiro libro que lin dete xenero, e foi unha mala esperiencia, o que espero que non sexa todos iguales. Por unltimo direi que non llo recomendo a ninguen

  3. 3 ESO a Says:

    A sombra cazadora é un relato que nos intenta levar a un mundo de ficción que quizais non estea moi lonxe da nosa actualidade.
    O libro trasládanos a unha época onde está prácticamente prohibido mirar a xente ós ollos e onde todo é controlado por un personaxe que tan sequera é real, se non a imaxe do pai dos nosos protagonistas, Clara e Teseo, que tras o suicidio do seu pai teñen que facer o imposible para non ser atopados pola policia, e para iso contan coa axuda do Toco ,que trala morte de Teseo,(despois de conseguir destruir a Imaxe), empeza unha relación con Clara, e ela queda embarazada.
    Persoalmente pensamos,nos parte das alumnas/o de 3 da
    E.S.O, que este libro é interesante pero demasiado fantástico.
    Erea,Elba,Sara,Marta,Lucía,Antía e Fran.

  4. Eduardo Says:

    “O INFERNO DE MARTA” de Pasqual Alapont
    É un libro que trata un tema desgraciadamente moi de actualidade, o maltrato da muller. Nesta historia nárrase como Marta, a protagonista da historia, enámorase dunha persoa que finxe corresponder aos seis sentimentos (Hector), e que a vai alonxando dos seus seres queridos facéndolle creer que todos especulan contra a súa relación. Marta observa que cada vez Hector tenlle menos respeto e incluso chega a maltratala, chegando ao punto de darlle unha coitelada que case a leva á morte, por sorte os seus amigos chegan para salvala. Hector é encerrado en prisión e Marta ten un fillo.
    Este libro inclúe ademais un texto de autoaxuda titulado : “A Máscara do Amor”, que informa máis detalladamente ao lector do tema do maltrato.
    RECOMENDOLLO A TODO O MUNDO!!!
    Eduardo Ramos 3º ESO A

  5. Nerea Says:

    O libro “Cartas de inverno” é fascinante non só polo sentido metafórico do título, que nos fai saber que no ambiente abunda a desesperación e intranquilidade que o autor foi capaz de transmitir aos seus lectores, tamén o seu contido deixa una sensación de medo, intriga…
    Tamén é de apreciar o espíritu de aventura dos personaxes. O autor non creou figuras de ficción, creou máis ben persoas de carne e óso, que expresan os sentimentos de persoas reais.
    É, sen dúbida, un libro que se pode axustar perfetamente ao público máis difícil, os adolescentes.
    Nerea e Débora.

  6. maria Says:

    Comentario
    Epedicion o Pacifico:
    E un libro moi aburrido, pesado,lento, e dun argumento moi pobre e un final decepcionante. A maneira de redactar do escritor deixa moito que desexar.
    E o primeiro libro que lin dete xenero, e foi unha mala esperiencia, o que espero que non sexa todos iguales. Por unltimo direi que non llo recomendo a ninguen

    Sebas

Leave a Reply