Arquivo de Xuño de 2007

Nas vacacións … por que non un pouco de ciencia?

25 Xuño 2007

portada_webciencia.jpg

Si, é verdade que iso da ciencia sona a cousa seria, pero isto non quita que non podamos facela tamén un pouco divertida. Así que, se algún se achega ao ordenador nas longas tardes do verán (sobre todo se o día está malo) pode que pase un bo rato navegando por esta Web.

Ramón Cid.

PRESENTACIÓN PÚBLICA DE “UN MUNDO DE MÚSICAS”

21 Xuño 2007

A Directora do Instituto,  Elvira Cienfuegos  e  Lupe Rodríguez

O Instituto fixo a presentación pública da exposición de instrumentos musicais do mundo que, con motivo da realización do proxecto documental interdisciplinar  “Un Mundo de Músicas”,  se está a levar a cabo na súa  biblioteca escolar.Para elo contou coa presenza da actual Concelleira de Educación Lupe Rodríguez, a concelleira da anterior lexislatura, Elvira Cienfuegos, actualmente Concelleira de Medio Ambiente e unha representación da UMAD de Compostela.O proxecto “Un mundo de músicas” ten como soporte unha exposición de 85 instrumentos de diferentes países (Senegal, Kenia , India, Exipto, Madagascar, Marrocos, Brasil, México, Colombia, Uruguai, Cuba, Perú, Ecuador e Croacia) así como instrumentos tradicionais galegos e de bandas populares de Galiza. O obxectivo principal de dito proxecto é a educación documental.

Hai un mundo de intrumentos…

 

Fotografía dalgúns dos instrumentos expostos na exposición do Proxecto “Un Mundo de Músicas”

Agradecementos

20 Xuño 2007

Grazas Mº Xosé, pero creo que o mellor nós si deberiamos agradecerche, a ti e máis ao resto de profesores, que creadares un blog tan fantastico no que poidamos poñer as nosas opinións sobre todos estes temas.
Grazas ^^.

Andrea 3º Eso A

UN MUNDO DE MÚSICAS

img_1336.JPG

No Instituto levamos dúas semanas de música, dúas semanas de “cine” Para que vexades a parte dos actos públicos podedes ir a ver a páxina das FOTOS. A exposición de instrumentos musicais do mundo que forma parte do proxecto documental interdisciplinar  “Un Mundo de Músicas” que se levou adiante desde a Biblioteca escolar, foi todo un éxito. Tanto o alumnado como o profesorado pasámolo de marabilla facendo actividades de busca de fontes de información de datos concretos sobre países, instrumentos, músicas diversas, etc. O vídeo da Traviata de Verdi foi un bo instrumento tamén para a busca de información e non digamos o programa informático de Microsoft “Instrumentos del Mundo”, ou as novelas en galego que tiñan que ver coa música…Parabéns para todo o mundo. Para o ano máis e mellor…ide pensando ideas porque o tema será seguramente “Sexo, drogas e rock and roll” no que contaremos coa colaboración da UMAD, do Concello, etc.

A expedición do Pacífico

18 Xuño 2007

ola a todos!!!Nas clases de 1º A e B estamos a ler o libro “Expedición do Pacífico” é un pouco aburrido pro stá bn. maría 1ºa

PAN DURO: SÍMBOLO DA POBREZA E DA ABUNDANCIA NO MUNDO

 
Magníficos traballos os que podemos ver estes días expostos nos andares do instituto. Son proxectos feitos por o alumnado de Volume do Bacharelato de Artes que dirixeu a profesora M. Barral. O elemento co que tiñan que traballar era o pan. O proxecto, do que vemos parte na fotografía, representa o pan duro como símbolo da pobreza en moitos países do mundo e a abundancia nos países ricos que leva a tirar moita comida.

Parabéns para 3º de ESO

17 Xuño 2007

Quero felicitarvos a todas as alumnas e alumnos de 3º polo uso que estades a facer desta bitácora da biblioteca. Se precisades axuda dalgún tipo xa sabedes onde paso bastantes horas. Os mes parabéns de novo para vos e para a vosa profesora de galego.

Mª Xosé

Outro libro para ler no verán

“O INFERNO DE MARTA” de Pasqual Alapont 
É un libro que trata un tema desgraciadamente moi de actualidade, o maltrato da muller. Nesta historia nárrase como Marta, a protagonista da historia, enámorase dunha persoa que finxe corresponder aos seis sentimentos (Hector), e que a vai alonxando dos seus seres queridos facéndolle creer que todos especulan contra a súa relación. Marta observa que cada vez Hector tenlle menos respeto e incluso chega a maltratala, chegando ao punto de darlle unha coitelada que case a leva á morte, por sorte os seus amigos chegan para salvala. Hector é encerrado en prisión e Marta ten un fillo.
Este libro inclúe ademais un texto de autoaxuda titulado : “A Máscara do Amor”, que informa máis detalladamente ao lector do tema do maltrato.
RECOMENDOLLO A TODO O MUNDO!!!
Eduardo Ramos 3º ESO A

COMENTANDO LIBROS QUE LIMOS EN LINGUA GALEGA

14 Xuño 2007

“A sombra cazadora” é un relato de  Suso Toro que nos intenta levar a un mundo de ficción que quizais non estea moi lonxe da nosa actualidade.
O libro trasládanos a unha época onde está prácticamente prohibido mirar a xente ós ollos e onde todo é controlado por un personaxe que tan sequera é real, se non a imaxe do pai dos nosos protagonistas, Clara e Teseo, que tras o suicidio do seu pai teñen que facer o imposible para non ser atopados pola policia, e para iso contan coa axuda do Toco ,que trala morte de Teseo,(despois de conseguir destruir a Imaxe), empeza unha relación con Clara, e ela queda embarazada.
Persoalmente pensamos,nos parte das alumnas/o de 3 da
E.S.O, que este libro é interesante pero demasiado fantástico.
                 Erea,Elba,Sara,Marta,Lucía,Antía e Fran.

E tamén limos estes outros…

O libro que lin foi O Inferno de Marta.
Non me gustou demasiado este libro porque a maneira de redactar do autor non me parece adecuada.
O libro trata dunha rapaza, Marta, que se namora dun rapaz, Hector, que pouco a pouco vai collendo confianza con ela, ate o punto de maltratala e tena encerrada na casa. Ao final Marta dase conta da situación que esta vivindo e decide marchar, Hector é encarcelado por matar e maltratar mulleres.
Inda que despois Marta acaba tendo un fillo de Hector.

Iago Suarez 3ª da ESO A

“Epedicion o Pacifico”:
E un libro moi aburrido, pesado,lento, e dun argumento moi pobre e un final decepcionante. A maneira de redactar do escritor deixa moito que desexar.
E o primeiro libro que lin dete xenero, e foi unha mala esperiencia, o que espero que  non sexa todos iguales. Por unltimo direi que non llo recomendo a ninguen

Sebas

Os libros que limos ultimamente en galego


CARLOTA GARCÍA, premiada na VI edición de ‘El País de los Estudiantes’ a nivel nacional

11 Xuño 2007

Estos días estamos de celebración. Carlota García Hervelle resultou premiada na VI edición de El País de los Estudiantes‘, na modalidade de premios individuais á mellor TIRA CÓMICA. Carlota, de 2º de Bacharelato de Artes do noso instituto, incluiu na sección Tema Libre, que este ano se centrou na especulación inmobiliaria, do periódico “O ECO DO SAR” , unha tira cómica onde aparece un peixe que fai as maletas e márchase enfadado porque lle destrozaron a súa casa. A especulación inmobiliaria na costa galega, reflectida con tres trazos e grande calidade, valeulle este premio a Carlota. Parabéns, Carlota. Desde este blog queremos darlle tamén os nosos parabéns a todo o alumnado que participou na elaboración do periódico nesta VI edición e ao equipo de profesorado que coordinou esta nova edición: Pablo Gómez, Ramón Cid, Mª Xosé Molina e Carme Alvariño. Esta última profesora foi a que coordinou esa sección e impulsou a reflexión sobre o tema da especulación inmobiliaria en Galicia en varios cursos. Así se fai!

LER NO VERÁN

8 Xuño 2007

ola a todos. gustaríame que soubésedes k para os k lles guste a lectura poden levar un libro para ler no verán. teredes k devolvelo á volta das vacacións(no curso 2007-2008).¡¡¡¡¡A K MOLA!!!!! María 1º E.S.O. A

Martes 5 de xuño. Día mundial do medio ambiente

5 Xuño 2007

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Mundial do MEDIO AMBIENTE. Este ano, está adicado ás consecuencias do CAMBIO CLIMÁTICO

Na biblioteca para conmemorar o día, regalaremos a todas as persoas que veñan hoxe por xunto nosa,  un extracto dunha carta que dirixeu o Xefe indio Seatle ao presidente dos EEUU en 1854 como resposta á oferta de mercarlle unha grande extensión de terras e crear unha “reserva” pra o pobo indíxena.

En Compostela, entre outros actos,  haberá unha conferenza sobre as consecuencias do cambio climático a cargo do profesor Francisco Díaz-Fierros. Como introdución, proxectarase o documental de producción galega “O Cambio Climático, o reto do século XXI”. Será as 19h na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19 de Compostela).

O galego, rico, rico!

2 Xuño 2007

 

Pancarta que levou o alumnado do noso instituto ao Correlíngua do pasado mes de maio en Compostela. Claro que si, moi rico!

Campos de fresas. Jordi Sierra i Fabra

1 Xuño 2007

Título: Campos de fresas
Autor: Jordi Sierra i Fabra
Editorial: SM
Colección: Gran Angular. Alerta Roja
Año de publicación: 1997
143 páx.

Este libro préstase na Biblioteca do IES de Sar.

Resumo:Campos de fresas é unha novela realista sobre as drogas de diseño e as discotecas, o seu marco propagador. A través dunha historia deixa ben claro como xogar coas drogas ten as súas consecuencias.