O maior experimento da Historia.
Xa está case que rematada a construcción do maior instrumento construido pola Ciencia. Ten 27 km de largo e conta con miles de toneladas de material sofisticado. Está situado en Xenebra (Suiza) no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) e a cen metros baixo terra. O aparello en conxunto chámase LHC e nel poderanse reproducir millóns de “Big Bang” a escala para coñecer os secretos mellor gardados da Natureza e como foi o comezo do noso Universo.
Ramón Cid (Departamento de Física e Química)

maio 11th, 2007 at 9:08 pm
Penso k e un bo descubrimento para a ciencia pero correse un gran risco cos impactos dos electrons. Javi
maio 17th, 2007 at 12:07 am
Amigo Javi,
como xa che comentei non teñas preocupación por esa posibilidade.
En primeiro lugar, o que van chocar son protóns, que son moito máis “pesados” que os electróns. Polo tanto, o problema aínda sería máis importante. Sen embargo, tódolos días recibimos desde todas partes do Universo partículas moito máis enerxéticas que as que se van conseguir no LHC e non ten pasado nada.
Os científicos que traballan no LHC teñen feito moitos estudos e cálculos e podes estar tranquilo. Nada malo vai pasar, agás que non se atopen eses científicos o que andan buscando.