Arquivo de Maio de 2007

Un pouco de Química para ver … desde moi lonxe.

30 Maio 2007

Os alcalinos son elementos químicos que se atopan na primeira columna da Táboa Periódica. Son metais, pero reaccionan tan rapidamente coa auga e o osíxeno do aire que non nos serven como tales metais. Neste video podedes ver o que ocorre en con estes metais en contacto coa auga.

ISTO NON O FAGADES NA CASA !!!

Ramón Cid (Dpto de Física e Química).

A tarta da Traviata

27 Maio 2007

Este fantástico vídeo que coñecimos grazas ao blog Aula de Música  , dedícámosllo con cariño ás profesoras de música do centro e a Patricia, profesora do departamento de Debuxo, pola súa axuda no traballo da biblioteca.

Un novo número de Andaina

26 Maio 2007

Fai uns días chegou á nosa biblioteca un novo número da revista galega de pensamento feminista Andaina, o número 46. Nel podemos ler interesantes artigos, como por exemplo un sobre o aumento do número de mulleres nas listas electorais que leva por título “Máis mulleres, pero…máis poder?”, outro sobre muller e precariedade laboral ou un artigo sobre a toponimia urbana e as mulleres.

Andaina  ten as súas páxinas abertas aos debates do feminismo, as denúncias pola discriminación e ao intercambio de experiencias desde 1983. Unha revista feita por mulleres feministas de Galiza. Un día destos contareivos como naceu esta revista nun cuartucho dun piso da zona nova de Compostela tan só cuns rotuladores, unha máquina de escribir vella e pouco máis. Ah, pero eso sí, con moitísimas gans de cambiar o mundo. Longa vida Andaina!

A ver quen ten máis imaxinación! Unha Táboa Periódica moi orixinal.

13 Maio 2007

Mendeleweb é un proxecto que nace para conmemorar o centenario do pasamento de Dimitri Mendeleiev, “o pai” da primeira Táboa Periódica dos elementos químicos.

A Casa das Ciencias de A Coruña propónnos elaborar unha moi orixinal Táboa Periódica. Entrade en Mendeleweb e comezade a xogar. Seguro que pasades un moi bo rato.

Ramón Cid (Departamento de Física e Química).

Mendeleweb

As mulleres na Ciencia

11 Maio 2007

mariecurie-2.jpg

Moitas mulleres cos seus descubrimentos, estudios e traballo teñen permitido que a Ciencia teña chegado ao momento actual. Estamos afeitos a ver nos libros habitualmente nomes de homes, pero a presenza de mulleres no camiño da Ciencia ten sido moi importante. Visita a seguinte web.

Ramón Cid (Departamento de Física e Química)

Un paseo polo mundo dos átomos.

atomos1.jpg

Desde a Antigüidade, o ser humano tense cuestionado de qué estaban feitas as cousas. Visita a seguinte páxina e observa como se foron dando os pasos para ir coñecendo pouco a pouco de que está todo feito.

Ramón Cid (Departamento de Física e Química)

O maior experimento da Historia.

10 Maio 2007

Xa está case que rematada a construcción do maior instrumento construido pola Ciencia. Ten 27 km de largo e conta con miles de toneladas de material sofisticado. Está situado en Xenebra (Suiza) no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) e a cen metros baixo terra. O aparello en conxunto chámase LHC e nel poderanse reproducir millóns de “Big Bang” a escala para coñecer os secretos mellor gardados da Natureza e como foi o comezo do noso Universo.

operario_recorre_tunel_27_kilometros_cern.jpg

Web oficial do CERN

Ramón Cid (Departamento de Física e Química)

De Arquímedes a Einstein

libro1.jpg

Neste libro, que está na Biblioteca do Instituto, podedes atopar curiosas historias do mundo da Ciencia que nos poden axudar a comprender como se realiza o traballo científico. As aventuras de persoeiros como Arquímedes, Leonardo da Vinci, Galileo, Pasteur ou Einstein axudaránnos a ver o traballo científico como algo moito máis próximo.

A FEIRA DO LIBRO II

8 Maio 2007

Na feira do libro recomendáronnos libros para adultos e moz@s da nosa idade. Para adultos hai:
“ARTE E PORTE”,”ESCRITORES GALEGOS ANTE A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA”,”ESTE CAMIÑO QUE FIXEMOS XUNTOS”,”LAIO POLO IRMÁN AUSENTE” E “CONSERVAS CUN VELLO REVOLTADO”.

Para moz@s: “A VOZ DO LAGO”,”PETANDO NAS PORTAS DE DYLAN”, “OUTRO NOME PARA DANIEL”,”QUEN SON?” E “HERBALÚA”. MARÍA

Feira do libro

a feira do libro foi mu xula

CORRELINGUA 2007

6 Maio 2007

O pasado venres varios cursos do noso instituto asistiron ao Correlingua de Compostela. Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país.
As pancartas que levaron os diferentes cursos foron moi coloristas e con lemas moi suxerentes. Pero non todo foron pancartas, houbo algún curso que se decantou por un exclusivo modelo veraniego para tornar o sol

I CONCURSO “CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA ENTRE IGUAIS”

3 Maio 2007

Como xa saberedes, estase a levar a cabo no instituto un concurso titulado “Campaña contra a violencia entre iguais”. Este concurso comprende catro modalidades de participación: vídeo, radio, carteis e graffiti. O que pretendemos con el é que todos/as reflexionemos sobre os comportamentos que temos cos nosos compañeiros e compañeiras diariamente, e nos demos conta de que os nosos actos teñen repercusión nas outras persoas. Os grupos que necesiten unha cámara de vídeo, gravadora ou materiais para realizar a súa proposta poderán telos á súa disposición nos recreos do martes e xoves da próxima semana, no Departamento de Orientación. ¡Aínda estades a tempo de apuntarvos!
Un saudiño de parte das educadoras do “Bo Rollo”