Día internacional do libro xuvenil e infantil
Esta é parte da mensaxe de Margaret Mahy, escritora neozelandesa, escrita para conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen. Espero que vos guste tanto como a min.
Non esquecín nunca como aprendín a ler.
Cando era cativa, as palabras corrían diante dos meus ollos como pequenos escaravellos escorregadizos. Pero eu era máis intelixente ca elas. Apredín a recoñecelas sen me importar a súa veloz carreira. Por fin, por fin puiden abrir libros e entender o que estaba escrito. Fun capaz de ler contos e chistes e poemas eu soa.
Por suposto, houbo sorpresas. A lectura deume poder sobre os contos e dalgunha maneira tamén lles deu aos contos poder sobre min. Nunca puiden fuxir deles. É parte do misterio da lectura.
Un abre o libro, acolle as palabras e a historia que é boa explota no noso interior. Aqueles escaravellos que corren en liñaa recta de un lado para o outro da páxina en branco convértense primeiro en palabras e logo en imaxes e sucesos máxicos. Aínda que certas historias pareceran non ter nada que ver coa vida real…aínda que se transformen en sorpresas de todo tipo e estarriquen as súas posibilidades dun lado ao outro coma unha goma elástica, ao final os contos que son bós devólvennos a nós mesmos. Están feitos de palabras e todos os seres humanos queremos ter aventuras coas palabras.