Arquivo de Abril de 2007

La guerra de las brujas

29 Abril 2007

                 

Como podedes ver, os libros de Maite Carranza están tendo moito éxito entre os lectores. “El clan de la Loba”, “El desierto de hielo” e “La maldición de Odi” son os tres libros da colección “LA GUERRA DE LAS BRUJAS” que hai na biblioteca do instituto. Son moi interesantes, así que anímovos a todos a lelos. Seguro que non vos arrepentiredes.

contos por palabras

28 Abril 2007

OLA. QUERÍA RECOMENDARVOS O LIBRO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ “CONTOS POR PALABRAS”. TRATA DUN HOME QUE QUERE FACER AMIGOS E USA COMO MEDIO OS RECORTES DE XORNAL. OXALÁ QUE VOS GUSTE A TODOS.

EL CLAN DE LA LOBA

20 Abril 2007

Ola son outra vez eu, e agora estou a leer El clan de la loba, é moi bonito pois hai case de todo, weno teñovos que deixar… anímovos a lelo que é moi bonito.

FLANAGAN

Ola. Quería recomendarvos a serie de libros Flanagan que hai na biblioteca. Trata dun detective que resolve os casos coa axuda de tódalas persoas relacionadas co caso. Anívomos a lelo. María

EU TAMEN SON MANIÁTICA

13 Abril 2007

OLA QUE TAL? CHAMOME BRENDA E ESTOU A LER O LIBRO “EU TAMÉN SON MANIÁTICA” E ESTÁ MOI BEN, TRATA DUNHA RAPAZA QUE ESCRIBE O SEU DIARIO O LIBRO E O DIARIO DA RAPAZA, E FALA DE AMOR SEXO FEBRES PIOLLOS NOTAS EXAMES…. E FALA MOITO DE SEU IRMÁN PETE E DO SEU AMOR SAM…………. EU ANÍMOVOS A LELO

VERÁNS EN VAQUEIROS

12 Abril 2007

O libro que recomenda a nosa compañeira de 3º da ESO, “Tercer verano en vaqueros” é a continuación doutros dous libros escritos por Ann Brashares. Os títulos dos dous primeiros son: ”Verano en vaqueros” e “Segundo verano en vaqueros”. Pódense ler por separado, pero aviso…quen lea un deles xa non parará ate ler os outros dous. Están na Biblioteca do noso Instituto.

tercer verano en vaqueros

ola son unha alumna de 3º da ESO gustoume moito o libro de tercer verano en vaqueros e queria recomendárvolo. Trátase dun grupo de amigas que comparten os seus pantalóns vaqueiros para ligar cos chicos e cousas así, é moi divertido!!!!! animádevos a lelo. Sobre todo a amigas que teño no insti.

Día internacional do libro xuvenil e infantil

11 Abril 2007

Esta é parte da mensaxe de Margaret Mahy, escritora neozelandesa, escrita para conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen. Espero que vos guste tanto como a min. 

Non esquecín nunca como aprendín a ler.
Cando era cativa, as palabras corrían diante dos meus ollos como pequenos escaravellos escorregadizos. Pero eu era máis intelixente ca elas. Apredín a recoñecelas sen me importar a súa veloz carreira. Por fin, por fin puiden abrir libros e entender o que estaba escrito. Fun capaz de ler contos e chistes e poemas eu soa.
Por suposto, houbo sorpresas. A lectura deume poder sobre os contos e dalgunha maneira tamén lles deu aos contos poder sobre min. Nunca puiden fuxir deles. É parte do misterio da lectura.
Un abre o libro, acolle as palabras e a historia que é boa explota no noso interior. Aqueles escaravellos que corren en liñaa recta de un lado para o outro da páxina en branco convértense primeiro en palabras e logo en imaxes e sucesos máxicos. Aínda que certas historias pareceran non ter nada que ver coa vida real…aínda que se transformen en sorpresas de todo tipo e estarriquen as súas posibilidades dun lado ao outro coma unha goma elástica, ao final os contos que son bós devólvennos a nós mesmos. Están feitos de palabras e todos os seres humanos queremos ter aventuras coas palabras.