Thirteen

17 Marzo, 2011 (10:35) | Sen clasificar | 3 comments

Thirteen é unha película cun fondo autobiográfico baseada nas experiencias da guionista cando tiña trece anos, e doutros adolescentes. O guión da película, escrito en tan só seis días, orixinalmente pretendía ter un certo tono cómico. Trata do cambio de actitude e apariencia dunha moza que desexa a toda costa parecerse á súa nova amiga, totalmente distinta a ela, pero que goza de gran popularidade no instituto pola súa beleza e a súa rebeldía.

Foi unha película polémica xa que trataba temas coma o sexo entre menores de idade a auto-laceración, as drogas e o alcool polo que foi comparada con «Kids» e «Memorias dun rebelde».

17 DE MAIO: LOIS PEREIRO

24 Febreiro, 2011 (17:50) | Biblioteca | No comments

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro. A súa obra e a súa vida  ten unha nova canle de difusión. A web Lois Pereiro, unha páxina que pretende servir de plataforma de difusión das publicacións e actos que se están a celebrar sobre o poeta monfortino ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas, e tamén un lugar de encontro para todos aqueles queiran afondar na traxectoria do autor.
A web non soamente recolle con detalle as noticias xeradas arredor do poeta, senón que ofrece unha serie de contidos sobre a súa figura, tanto literarios como gráficos e audiovisuais (poemas, fotos e gravacións de audio e vídeo), boa parte deles de utilización libre para usos non lucrativos. Igualmente, permite subir os contidos elaborados aproveitando ese material libre, para poder ser logo descargados e difundidos. Tamén inclúe un calendario dos actos que se están a organizar en todo o país, e mesmo materiais que se poden empregar naquelas convocatorias pensadas para a participación da xente.
Lois Pereiro está xa presente nas redes sociais. O seu grupo de Facebook conta xa con case un milleiro de seguidores, e tamén ten unha forte presenza en Twitter, onde as mensaxes sobre o poeta se agrupan co hashtag ou etiqueta #pereiro.
A páxina oficial de Lois Pereiro foi desenvolvido por Algueirada S. L. e conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

Espero que esta información, proporcionada por BLOGALIZA, vos sexa de utilidade para afondar na obra e vida do autor. Mª Xosé

A lei da rúa (Rumble fish)

17 Febreiro, 2011 (10:18) | Sen clasificar | 14 comments


Rusty James (Matt Dillon), é un adolescente cuxo prestixio na rúa medrou baixo a sombra da lexendaria reputación do seu irmán máis vello, o enigmático e carismático «Chico da Moto» (Mickey Rourke). Rusty James soña con ser coma o irmán e voltar á época onde as cuadrillas eran todo e onde o «Chico da Moto» reinaba. Despois de dous meses de ausencia o «Chico da Moto» regresa. Logo de revelar algúns segredos familiares sobre a súa nai, os irmáns deciden cambiar as súas vidas para sempre ou morrer no intento.

A película é unha adaptación da novela homónima de Susan E. Hilton

Te doy mis ojos

15 Novembro, 2010 (15:05) | Sen clasificar | No comments

Pilar é  unha vítima máis dos malos tratos conxugais, que tenta refacer a súa vida e empieza a traballar como caixeira de visitas turísticas. A través do seu novo traballo comeza a relacionarse con outras mulleres. Antonio, o seu marido, emprende a súa busca e a súa recuperación, promete cambiar e busca axuda nun psicólogo.

Sólo un beso

15 Novembro, 2010 (14:21) | Sen clasificar | No comments


«SÓLO UN BESO» é unha historia de amor na que a intensidade do vínculo entre Casim e Roisin contrasta fortemente coa desconfianza que a súa unión provoca nos seus respectivos ambentes.
Cando Casim e Roisin se coñecen, sinten unha forte atracción e empezan unha relación en segredo. Para eles, que el sexa musulmán e ela católica non supón problema ningún, pero pronto se ve claramente que as diferenzas relixiosas e culturais son importantes para outras persoas, especialmente para a familia de Casim.

JUNO

26 Maio, 2010 (11:27) | Sen clasificar | 23 comments

Juno é unha adolescente de Minnesota, que se enfrenta a un embarazo imprevisto, e argalla un plan para encontrarlle ao bebé a perfecta parella de pais. Mentres vai pasando o tempo, os cambios físicos de Juno reflexan o seu crecemento persoal. Cun intrépido intelecto lonxe da habitual angustia adolescente, Juno resolve os seus problemas ao seu xeito, exhibindo unha xuvenil exhuberancia tan aguda como inesperada.

HORA DE LER: problemática adolescente

21 Maio, 2010 (14:03) | Sen clasificar | 22 comments

Este espazo é para que fagades os vosos comentarios sobre as lecturas da HORA DE LER

Miguel Hernández e a guerra civil

25 Marzo, 2010 (23:56) | Sen clasificar | 1 comment

Partindo dalgúns poemas de “Viento del pueblo” os alumnos e alumnas fan unha aproximación á guerra civil española.

A elección de Miguel Hernández debese a que é  un poeta dos que máis se implicou na guerra civil, non só cos seus escritos senón participando directamente nalgúns momentos da guerra no campo de batalla. Aproveitamos, ademais, que este ano é o centenario do seu nacemento. O libro seleccionado Viento del pueblo reflicte a un Miguel Hernández combatente e poeta.

A idea era que, despois de ter estudado a guerra civil e como síntese da mesma, cada un dos alumnos e alumnas traballase un dos poemas para logo facer unha exposición pública na que lerían o poema –ou unha estrofa seleccionada-, xunto ao seu comentario persoal.

Estivo connosco… Alicia López Gallego

25 Marzo, 2010 (22:43) | Sen clasificar | 2 comments

El cartero y Pablo Neruda

Con motivo da celebración do día internacional da poesía, Alicia López Gallego, directora do programa radiofónico especializado en literatura «O sombreiro de Merlín» de radio Obradoiro, impartiu dous obradoiros de creación poética na nosa biblioteca. Os alumnos de 1º ciclo disfrutaron creando símiles e metáforas e participando en xogos de creación que tiveron como resultado estas metáforas e estes poemas:

A serpe de cores baila sobre o bolígrafo(referíndose á man adornada con pulseiras)

1ºESO B

La noche estrellada cae sobre sus hombros (referíndose ao cabelo escuro cuberto de pinzas)

2ºESO B

Cuando la campana suene
no aprendas sólo cosas
Cuando el viento abanique su copa
y se queden los pájaros cantando
entorno a la higuera
girando falsa la pierna
¡quién te pudiera sentir!.

No te espante el rigor de mis pecados
te dio amor de sus alas blancas plumas
por descubrirte mejor
porque por amor me hieres

¿y si Dios no existiera?

2ºESO B

En Cádiz hay una niña
y cuando el rostro volvió
sin cielo azul pálido en un banco en el puente
sobre la olvidada fosa
soñé, bendita ilusión
¿cómo naces tan llena de alegría?

2º ESO B

Memoria de Isolda (A morte da pedra pómez)

Poesía composta por 1º B ESO partindo de versos de diferentes poesías

WEST SIDE STORY

18 Marzo, 2010 (21:02) | Sen clasificar | 11 comments


Está baseado na obra musical do mesmo nome, inspirada a súa vez na obra de teatro Romeo e Xulieta de Shakespeare.

A música foi composta por Leonard Bernstein.

Ganadora de dez Óscar: Mellor Película, Mellor Director, Mellor Actor de Reparto (George Chakiris), Mellor Actriz de Reparto (Rita Moreno), Mellor Dirección artística, Mellor Música, Mellor Fotografía, Mellor Son, Mellor Vestiario e Mellor Montaxe.

Sinopse: En Nueva York, dúas bandas de xóvenes, os Sharks, inmigrantes portorriqueños, e os Jets, estadounidenses de orixe irlandés, son rivais e viven en conflito. Pero María, irmá do xefe dos portorriqueños, e Tony ex membro dos Jets, namoranse.
Ten moita sona o número musical «América», que contrapon as dúas visións dos emigrantes: a ilusión pola liberdade, a modernidade e o consumismo, e por outra banda, o desengaño ante a marxinación racial e a pobreza.

POESÍA NUNHA BOLSA DO PAN

17 Marzo, 2010 (22:02) | Sen clasificar | No comments

A min chegoume este poema na bolsa do pan nunha iniciativa chamada “pan con poesía 2007″ e desde entón teñoo prendido á neveira e releoo mentres fago café. Encántame. María G.
O PEITE
que a madrasta lle deu
levaba veleno nos dentes
pero tendo o pelo rapado
non lle fixo mal ningún

cando llo tiraron
espetouno no limoeiro
que chorou desde entón
froidos acedos críticas
sen vergonza

advertírana de nena
que non debía peitearse
diante dos homes
(se era trasgresión pecadenta
ou ritual máxico nunca o soubo)

por iso cando lle medrou o cabelo
levouno desguedellado
como os niños dos paxaros

Marilar Aleixandre
(Catálogo de velenos. Esquío, 1999)

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

17 Marzo, 2010 (14:53) | Sen clasificar | 7 comments

Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2001 co obxectivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencIAL.

Animádevos a publicar neste blog as vosas poesías favoritas ou as de aquelas e aqueles poetas que vos gusten. Toda a comunidade educativa pode publicar aquí: alumnado, persoal non docente, profesorado, nais, pais…

CIDADE DE DEUS

16 Marzo, 2010 (23:06) | Sen clasificar | 5 comments

Excepcional película brasileira nomeada para 4 óscars. Baseada en feitos reais, conta a historia do crecemento do crime organizado nos suburbios da cidade de Río de Janeiro, desde finais dos anos sesenta ata o comezo dos oitenta, cando o tráfico de drogas e a violencia impuxeron  a súa lei entre a miseria das favelas.

PAULINA CEREMUZYNSKA

16 Marzo, 2010 (13:49) | Sen clasificar | 9 comments

Concerto a cargo de Paulina «Cantigas de Amigo»

O venres 5 de marzo, veu ao instituto unha cantante de Varsovia que nos falou un pouco do seu traballo consistente en acoplar melodías propias das cantigas de Santa María a outras cantigas, xa que moi poucas conservan a súa melodía.

Paulina tiña unha voz de soprano moi transmitente, púñalle moita emoción e sentimento cando cantaba, e iso notábase na súa expresión tanto corporal como facial. Dominaba moi ben o tema da respiración e utilizou un pandeiro e un diapasón para afinar antes de cantar, o cal me pareciu moi curioso á vez que práctico.
Impresionoume o ben que falaba galego e fíxome ver as cantigas de amigo doutra maneira, xa que nunca as escoitara cantadas como antigamente se facía.
A. 1º bach.

11 Maio, 2009 (23:09) | Sen clasificar | 1 comment

As compañeiras do Equipo de Normalización Lingüística e da Biblioteca do CEIP Mestre Martínez Alonso de Vigo achégannos esta fermosa montaxe coa canción do grupo  Migallas »O rap da língua»

    value=»http://www.youtube.com/v/lNSl2ToQsxI&hl=es&fs=1&rel=0″>
>
         

La Física de la Vida Cotidiana

7 Maio, 2009 (12:10) | Ciencias, Fisica | 2 comments

Cayetano Gutiérrez Pérez

Edita: Academia de Ciencias de la Región de Murcia
 

 «Investir en coñecementos produce
sempre os mellores xuros”

(Benjamin Franklin)

Preguntácheste algunha vez o por que dos fenómenos cotiáns que che rodean?
Por que os reloxos xiran cara a dereita?
Por que as persoas de raza negra teñen o pelo rizado?
Por que somos máis altos pola mañá que pola noite? 
Por que o ceo é azul?
Se crías que a ciencia é aburrida e só para especialistas na materia, este é o teu libro. Ciencia apta para todos os públicos. Un libro cheo de preguntas, curiosidades e anécdotas para entender o mundo que te rodea e aprender da forma máis amena e divertida. Unha ferramenta fácil para mellorar a aprendizaxe e o ensino da ciencia desde todos os niveis. Non hai mellor resumo/definición que as palabras do propio autor: “gozar e divertirse aprendendo«.

 Ramón Cid (Física e Química).

A Física dos superheroes

18 Marzo, 2009 (11:11) | Ciencias, Fisica | No comments

James Kakalios. Ma Non Troppo. Edicións Robinbook.

Portada do libro

Kakalios, investigador, profe e amante dos cómics, decidiu reunir nun libro todas aquelas preguntas que se nos poden vir á mente cando estamos lendo un cómic ou vendo unha película no cine ou a TV, cuxos personaxes naceron no formato gráfico.

O libro arrinca analizando a historia dos superheroes, de maneira breve, para logo centrarse no personaxe máis coñecido do noveno arte, Superman. A través del, analizaremos as leis da forza e o movemento, partindo da capacidade do heroe para saltar por elevados edificios.

Para todos os públicos.

Ramón Cid (Física e Química).

O cazador de estrelas

17 Decembro, 2008 (13:30) | Sen clasificar | No comments

O clube de lectura VENQUECHOCONTO do primeiro ciclo da ESO está a ler este magnífico libro. Desde este blog recomendámosvos a súa lectura.

 

 

O cazador de estrelas. Ricardo Gómez. Ed. Edelvives

BRISINGR.CHISTOPHER PAOLINI.ROCA EDITORIAL.

17 Decembro, 2008 (13:29) | Sen clasificar | No comments

                                                                                                                                                                    

Un libro para lectoras e lectores de 12 a 14 anos:
«Brisinger».

Eragon e a súa dragona,Saphira,lograron escapar con vida logo da colosal batalla contra os guerreiros imperiais.Unha vida que Eragon sabe suxeitar á forza das promesas sen cumprir.Eragon é a única esperanza de salvar Alagaësia da tiranía.

A película de: School of Rock

17 Decembro, 2008 (13:27) | Sen clasificar | No comments

A guía de suxestions para disfrutar no inverno publicada pola nosa biblioteca inclúe esta película feita por Richard Linklater. Un músico fracasado metido a mestre forma un grupo de rock cos seus alumnos para concursar na «Batalla de bandas» . B.S. inusual para unha comedia infantil con temas de «The Who» , «Ramones» , «The Doors».

Un disco para disfrutar:»Meniños cantores»

17 Decembro, 2008 (13:27) | Sen clasificar | No comments

                                                                                                                                                                                            Alumnos de diferenntes centros fronterizos de Galicia e Portugal cantan música tradicional e pezas novas. inclúe videoclips, karaoke e documental «como se fixo».

Trátase  dun traballo dedicado ao patrimonio cultural galego-portugués, abordado por nenos, xóvenes, profesores, músicos e artistas. Trátase dun proceso de creación, recreación y abordaxe da tradición musical levada e transmitida a partir das escolas de ambos países.

Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches.

17 Decembro, 2008 (13:21) | Sen clasificar | 1 comment

Recomendámosvos a lectura deste libro que intenta saciar a curiosidade das persoas inquedas e interesadas no que, como, cando, onde e porque do que nos rodea. Esta obra aborda sete grandes áreas nas que se ofrecen solucións ás preguntas máis inesperadas. Destaca pola súa presentación, de modo que ao final de cada resposta engádese unha nova cuestión relacionada co tema tratado, ampliando os coñecementos adquiridos previamente.

A CABEZA DA MEDUSA

24 Novembro, 2008 (22:29) | Sen clasificar | No comments

Hoxe tivemos no Instituto unha actividade relacionada co día  internacional contra a violencia machista. A escritora Marilar Aleixandre veu conversar coas alumnas e alumnos de 4º da ESO e Primeiro de Bacharelato sobre aspectos relacionados có tema tomando como punto de partida o seu último libro, «A cabeza de Medusa».

Na actividade o alumnado foi dalgún xeito o protagonista, leron fragmentos do libro -moitos traballados na aula previamente- e reflexionaron sobre unha serie de aspectos que aparecen no libro de Marilar pero que tamén  lle son próximos: actitudes na aula, no Instituto, nos medios de comunicación, etc.,  «

DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

24 Novembro, 2008 (21:20) | Sen clasificar | No comments

Coa seguinte actividade, propoñémosvos pensar sobre o tipo de relacións que mantemos. Que tipo de comportamentos son tolerábeis en nome do amor e cales teñen máis ben pouco que ver con el? Lede o seguinte relato e reflexionade sobre as reaccións de Lois e de María ante esa situación. Como credes que reaccionará María a partir dese día se novamente se queda sen batería ou ten unha chamada perdida de Lois?  Hai algún tipo de violencia no comportamento de Lois?

                                                             

Lois e  María levan saíndo dous meses. Ela ten 16 anos e el 17. O sábado Lois combinou para xogar ao fútbol e María quedou coas súas amigas para saír. A María acabóuselle a batería do móbil e non recibiu as chamadas de Lois para se encontrar con ela ata a mañá seguinte. Cando ao día seguinte chamou a Lois, este estaba todo furioso e montoulle unha boa disputa polo asunto do móbil. María tentou explicarlle que fora unha mala casualidade e unha lástima que non se puidesen ver, pero Lois insistiu en saber a ver que facía ela de noite por aí co teléfono desconectado, se era que quería poñelo ciumento, ou se quería pasalo ben facendo como que non tiña noivo, e que entón para que estaba con el, acusouna de telo apagado para que así el non poidese aparecer por onde estaban ela e as súas amigas, etc.… María tentou calmalo repetíndolle que o sentía, que non fora culpa dela, que lle quedara o cargador no coche de seu pai e que pensou que a batería aguantaría para recibir chamadas… Repetiulle sete veces síntoo e foino calmando pouco a pouco, asegurándolle que todo o que estaba a dicir eran paranoias súas. Ao final prometeulle que non volvería a suceder e así superaron a súa primeira rifa de namorados.

Agustín Fernández Paz: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008

25 Outubro, 2008 (23:06) | Libros e revistas, Sen clasificar | No comments

Agustín Fernández Paz foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 polo seu libro O único que queda é o amor, publicado por Xerais no pasado mes de decembro.

O único que queda é o amor, é un fermoso libro de relatos, ilustrado por Pablo Auladell, no que hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte.
Este libro conta xa con outros importantes premios:Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 – Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007 – Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008.

BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL

25 Outubro, 2008 (22:44) | Biblioteca, Educación, TIC | No comments

www.bibliotecaescolardigital.es

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a través do Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas (CITA), xerou a páxina da Biblioteca Escolar Dixital (BED) co obxectivo de ser a porta de acceso aos mellores enlaces e recursos educativos, ao que engade unha sección de actualidade coas últimas noticias para a comunidade educativa.

A BED é unha magnífica ferramenta didáctica para profesorado, alumnado, nais e pais, pedagogos e persoal de investigación do mundo da educación. Desde aquí animámosvos a visitala.

A CRISE FINANCEIRA EXPLICADA EN CLAVE DE HUMOR

22 Outubro, 2008 (21:17) | Economía | No comments

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/pFmYIFk5i1Q" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A Táboa Periódica cumpre 140 anos.

16 Outubro, 2008 (17:44) | Ciencias, Química | No comments

No vindeiro ano, celébrase o 140 aniversario da primeira Táboa Periódica dos Elementos Químicos.

En 1869, o químico ruso dimitri-ivanovich-mendeleev colocou de forma ordenada os 63 elementos coñecidos naquela época. Desde entón, téñense deseñado moreas de Táboas Periódicas de múltiples formas e características.

Unha actividade interesante consiste en buscar na rede o deseño máis extrano ou exótico. Cando o atopes envía un comentario a este Blog co enderezo atopado para que o podamos ver todos.

Ramón Cid (Dpto de Física e Química)

AS MULLERES LECTORAS SON…PERIGOSAS?

16 Outubro, 2008 (00:41) | Muller | No comments

 POR QUE HABERÍA TANTOS PROVERBIOS DE DISTINTOS PAÍSES QUE VIÑAN A DICER ISO?

Por que habería tantos proverbios de diferentes países que viñan dicir iso ?
Pica a continuación e a ver que opinas.   MULLERES LECTORAS

O misterio das miradas do Thyssen

10 Outubro, 2008 (00:30) | Sen clasificar | No comments

Empezamos unha nova andaina no Blog da Biblioteca. Aproveitamos para desexarvos a todas e todos un bo curso 2008/2009 no que se vexan cumpridas todas as vosas expectativas.

Grazas ao blog MESTURAS vimos de coñecer un recurso didáctico ben interesante. Trátase dun xogo para dar a coñecer algunhas das obras da colección do museo Thyssen-Bornemisza . O xogo consiste en ir descubrindo a que cadro pertencen as miradas que, acompañadas de diferentes pistas, ofrécense como enigma aos visitantes. Moi intuitivo e sinxelo de manexar, permite moverse polas diferentes salas do museo virtual coas frechas do teclado. 2º Premio Innova 2008. Xogo

O violín de Auschwitz

28 Maio, 2008 (23:59) | Sen clasificar | No comments

Esta novela de Mª Ángeles Manglada, conta a historia dun xove de orixe xudeu chamado Daniel, interno en Auschwitz, nun campo de exterminio. Alí a calidade de vida é pésima e a miúdo morren compañeiros seus que están presos, o que inflúe moito no rapaz. O comandante deste lugar é afeccionado á música clásica e descobre o verdadeiro oficio do mozo, decidindo entón poñelo a proba ordeándolle  que constrúa un violín de características perfecas, nun proceso detallista e nas condicións ínfimas coas que conta. Esto demostra o valor do personaxe. É unha historia verdadeiramente incrible e enternecedora (na miña opinión) creada con moito coidado á hora de atraer @ lect@r. A autora utiliza escritos reais que nos internan de verdade no plano da obra xa que nos dan mostras da dureza do xenocidio nazi. A música está presente en toda a obra como contrapunto, e proporciona un ambiente de harmonía, en contraste coa deshumanización e a miseria que se vive no lugar
 . E xa para finalizar engadir que recomendo esta novela (que podedes atopar na biblioteca deste centro) a todos os que disfrutades lendo e tamén ós que non o fan, xa que cunha historia coma esta podedes divertirvos. Clasifícoa cun 8 por ser apaixoante e conseguir que pensara estar dentro do papel do mesmo Dani.

28/05/08   Lucía G.

A HISTORIA DAS COUSAS (I)

22 Maio, 2008 (22:45) | Economía | No comments

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/x5NVqDPYKjg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Naama Barkai gaña o novo premio Women in Science

7 Maio, 2008 (16:29) | Sen clasificar | No comments

A bióloga de sistemas israelí Naama Barkai foi a primeira muller nomeada gañadora do premio Women in Science da FEBS/EMBO. O galardón recoñece os logros excepcionais do último lustro dunha investigadora das ciencias da vida, cuxo traballo inspirará ás xeracións futuras de mulleres científicas. O premio foi concedido pola Federación Europea de Sociedades Bioquímicas e a Organización Europea de Biología Molecular.

200 ANIVERSARIO DA TEORÍA ATÓMICA DE DALTON.

11 Abril, 2008 (13:21) | Ciencias, Fisica, Química | 3 comments

\Documents and Settings\Usuario\Mis documentos\Mis imágenes\dalton1.gifJohn Dalton John Dalton

En 1808 publicouse a obra «Novo sistema de filosofía química», na que o físico e químico John Dalton introducía o primeiro modelo moderno do átomo. É dicir, explicaba que todo o que nos rodea, mesmo nós, estamos formados por partículas diminutas e indivisibles chamadas átomos.
As cousas teñen cambiado moito, pois agora sabemos que o átomo está a súa vez formado por electróns, protóns e neutróns, pero ese modelo que se mantivo case 100 anos vixente, permitíu un avance enorme da Química como ciencia.
Hai quen di que a «idea do átomo» é o pensamente máis fructífero de tódolos habidos na historia da humanidade.

Rita Levi-Montalcini

9 Marzo, 2008 (02:27) | Sen clasificar | No comments

Rita Levi-Montalcini unha muller a quen a opresión de todo tipo acompañou ao longo da maior parte da súa vida. Non só pola súa decisión de ser científica, algo inconcebible na sociedade italiana de principios do século XX, senón tamén pola súa pertenza a unha familia liberal e xudea que fixeron da súa vida en aqueles anos un inferno continuo.

SlideShare | View | Upload your own

Rita Levi-Montalcini, un admirable exemplo de solidariedade e de loita pola igualdade

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

8 M: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

8 Marzo, 2008 (12:36) | Sen clasificar | No comments

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega do Século XXI
(Clica na imaxe para ver o álbum)

A Muller Galega de principios do Século XX


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

A presenza da muller na literatura española até o XIX

7 Marzo, 2008 (17:54) | Sen clasificar | No comments

Afírmase que o feminismo xurdiu cando unha muller aprendeu a ler, pero isto é certo se engadimos que foi cando tamén aprendeu a escribir. A maior parte das mulleres foron reducidas a unha especie de semianalfabetismo durante moito máis tempo cós homes. E necesitaron moito máis tempo aínda para acceder á liberdade intelectual de escoller os seus temas de lectura. Pero a loita máis longa tivérona que protagonizar para conseguir seren recoñecidas pola súa produción escrita. Moitas veces practicada en segredo, agochada baixo nomes masculinos, imos ver como moitas delas tiñan acceso á escrita grazas aos muros dos conventos, situación que cambiará a partires do século XIX. Pondo o hábito, as mulleres gañaban un pouco en mobilidade social, pagando un alto prezo: renunciar á súa feminidade e á súa sexualidade.

Pinchade no seguinte enlace e teredes 50 diapositivas explicativas sobre o tema:

http://s3.amazonaws.com/ppt-download/muller-na-lite1-1204724743476225-4.pps?Signature=KqCDBqlDXJSZy%2B%2Bytb6QRa%2FGNuI%3D&Expires=1204912131&AWSAccessKeyId=1Z5T9H8PQ39V6F79V8G2

IMOS CONTAR MENTIRAS!!!

7 Marzo, 2008 (17:27) | Sen clasificar | No comments

Imos contar mentiras…
Ou non.

Soñamos con que algún día nada disto sexa unha triste realidade. Con que homes e mulleres sexan exactamente iguais e gocen exactamente dos mesmos dereitos. Con que non haxa nin unha soa muller que sexa violada polo simple feito de selo. Con que non existan os burkas, nin os medos. Con que o traballo doméstico sexa realizado por dúas persoas e non por unha. Con que os salarios sexan exactamente os mesmos. Con que as oportunidades sexan as mesmas. Con que non haxa unha soa muller que teña medo a ser nai por non quedar sen traballo. Con que non existan diferenzas.

Cando teñamos unha sociedade, un planeta inequívocamente solidario, no futuro pensarán que nada disto é real.

Home e muller, ombreiro con ombreiro, sorriso con sorriso, loitando porque a atmósfera sexa máis respirábel.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

Textos e debuxos do 1º vídeo

10 Mulleres de Cine no Século XX

4 Marzo, 2008 (22:44) | Sen clasificar | No comments

O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar mán do cine.

Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.
Votaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.
Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.
E seguindo co inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.
Pasada a xuventude: toca a vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron e preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.
Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.
En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.
Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.

Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.
E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a una profunda e última reflexión.
Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

MARUJA MALLO: A Gran Transgresora do 27

4 Marzo, 2008 (18:36) | Sen clasificar | 2 comments

Poucos saben que a soberbia triloxía formada por Lorca, Buñuel e Dalí, de sobra coñecida por todos, foi en realidade un cuarteto. Quen era esa cuarta figura, estrañamente silenciada pola historia? Por que foi relegado ao esquecemento o seu nome? Maruja Mallo foi, sen lugar a dúbidas, unha pintora xenial, á que unha suma de adversidades históricas e prexuízos sociais negaron de xeito insólito o recoñecemento que merece.

A súa peripecia vital é a de quen irrompeu na escena artística madrileña dos anos vinte decidida a romper os estereotipos e os moldes que encorsetaban tanto a arte coma as mulleres, condenadas a desempeñar o papel exclusivo de fieis esposas e lánguidas amas de casa. Os seus extravagantes atuendos, o seu desenfado, as súas correrías noturnas da man de Dalí e dos seus compañeiros da Residencia de Estudantes por un Madrid sacudido polo impacto do cine, do jazz e das ideas máis radicais, así coma o seu xogo deliberado coa ambigüidade sexual, converteron a esta moza galega, miúda e fráxil, nun emblema temperán da liberación feminina. Pero pagou a súa ousadía. En 1937 viuse obrigada a exiliarse a Arxentina, de onde voltou vinte anos despois, só para comprobar que os escándalos asociados ao seu nome remataran desdebuxando a súa verdadeira fisonomía e por eclipsar a portentosa valía da súa obra.

Nada en Viveiro no ano 1902, a profesión do seu pai -funcionario de aduanas- levouna a residir en distintas provincias españolas até a definitiva instalación da familia en Madrid en 1922. Ingresa na Academia de Belas Artes e empeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española. Coñece a Salvador Dalí e á poetisa Concha Méndez, que a introducen no círculo da Residencia de Estudantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e con Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante e longo tempo silenciada tanto na súa biografía como na do poeta. Concha Méndez e Maruja pasearon por Madrid como mulleres modernas e emancipadas, manexando bicicletas, facendo deporte, asistindo aos cafés, a eventos literarios ou a verbenas populares. Nestes anos, Maruja crea a súa propia linguaxe artística, atenta aos ecos das distintas vangardas que empezan a chegar a España -futurismo, surrealismo, cine- e cos ollos abertos á arte popular. Mestura todo coa súa particular interpretación.

En 1928 Ortega y Gasset bríndalle os salóns da Revista de Occidente para realizar a súa primeira exposición. O debut estivo arroupado por comentarios e recensións de prensa, referendado por intelectuais e pola alta sociedade madrileña fascinada por aquelas combinacións de elementos festivos e burlescos, pola alegría da cor, as distorsionadas composicións das súas verbenas e polas atléticas mulleres que protagonizan as súas estampas deportivas.

A finais de 1928 pasa por unha inflexión e un acercamento particular cara ao surrealismo froito dos seus avatares persoais e da relación que establece con Alberto Sánchez e Benjamín Palencia. Baixo o nome da Escuela de Vallecas percorrerán as paisaxes desapracibles e duras que rodean Madrid, as zonas finais do urbano e o inicio do contorno rural. Até 1931 explora este tipo de paisaxes que darán lugar á serie «Cloacas e campanarios».

No 1931 viaxa a París onde expón a súa obra. Numerosos intelectuais e artistas como Picasso e André Bretón visitan e acollen con entusiasmo a mostra. O seu regreso a Madrid, a finais de 1932, supón un novo xiro no seu estilo. As súas novas series «Arquitecturas minerais», inspiradas en pedra, e «Arquitecturas vexetais», poboadas por estrañas froitas, son teas que aínda que manteñen a sobriedade cromática someten agora as súas formas a esquemas xeométricos. Durante esta época combina o seu traballo artístico cunha intensa actividade de compromiso coa República.

Previo ao estalido da Guerra Civil, no 1936, realiza una obra clave para o período artístico que desenvolverá ao outro lado do Atlántico: «La sorpresa del trigo». Este cadro mural, primeiro da serie «La religión del trabajo», presidirá a súa derradeira exposición en España, promovida polo grupo ADLAN. A Guerra Civil sorpréndea en Galicia, onde permanece até 1937, marchando a Bos Aires onde é recibida como unha artista de renome. Dará numerosas entrevistas e conferencias, escribe artigos e realiza a súa obra pictórica «Arquitectura humana». Seguirá traballando en lenzos que compoñen un amplo ciclo dedicado a dous temas principais: o mar e a terra. Realiza varias series: «Retratos bidimensionais» sobre rostros femininos de fronte e perfil, imaxes planas e prototípicas; «Bailarinas»; «Máscaras»; esquemáticos debuxos reunidos en «Arquitecturas» e, finalmente, «Naturezas vivas», variacións sobre estraños seres zoomórficos inspirados na xeoloxía e na fauna sudamericana. Estas últimas son unha serie de gravados, debuxo e óleo que se alongan até o ano 1960, cando decide voltar a España.

A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, especialmente a crítica española máis nova, que ve nela a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo. Tras a morte de Franco chégalle o recoñecemento total; a súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, no ano 1982, e na exposición antolóxica que en 1993 lle dedica o Centro Galego de Arte Contemporánea. Para entón Maruja está xa moi enferma. Morre o 6 de febreiro de 1995 na residencia de anciáns Menéndez Pidal de Madrid.

Para saber máis:
Biografía en Cutlura galega feita pola catedrática de historia da arte contemporánea Mª Luisa Sobrino
Biografía en Wikipedia
En Ciudad de Mujeres
Entrevisa a J.L. Ferris autor da última monografía editada sobre M. Mallo

Bibliografía
GÓMEZ DE LA SERNA, R., Maruja Mallo, Buenos Aires, Losada, 1942.
MARUJA Mallo, Madrid, Galeria Guillermo de Osma, 1992
VIDAL, C., Maruxa Mallo. Vigo, A nosa terra, 1999
MARUJA Mallo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 2003.
FERRIS, J.L., Maruja Mallo. La gran transgresora del 27, Madrid,Temas de hoy, 2004, (Biografías).

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

Olark Livehelp